A OMS declara a ‘emerxencia sanitaria internacional’ polo coronavirus

A Organización Mundial da Saúde fixo unha reunión de urxencia pero considera que non deben pecharse fronteiras nin reducir o comercio

A Organización Mundial da Saúde (OMS) declarou que a epidemia provocada polo coronavirus de Wuhan é xa unha emerxencia sanitaria mundial, debido á facilidade coa que o virus se pode propagar en países con sistemas sanitarios deficientes.

Con todo, a pesar da gravidade da situación a OMS subliñou que se opoñen ás medidas que apoian a restrición de viaxes e comercio internacional. Neste sentido, mencionou que o peche de fronteiras, a cancelación da concesión de visas ou a posta en corentena de certos cidadáns “debería ser reconsiderada”. Así mesmo, lembrou que as aerolíneas tomaron a decisión de cancelar os voos con destino e saída desde China por unha caída da demanda de pasaxeiros, non pola gravidade da situación.

Publicidade

Durante a rolda de prensa que deron tras a reunión mantido por un comité de emerxencia de 15 expertos, convocado polo director xeral da OMS, Tedros Adhanom Ghebreyesus, o organismo felicitou a China pola rapidez coa que tratou a crise e subliñou que a súa eficacia permitiu que o virus non se estendeu aínda máis do que xa o fixo.

É a sexta ocasión en que a OMS declara este tipo de emerxencia global, tras as que activou ante o brote de gripe H1 N1 (2009), os de ébola en África Occidental (2014) e na República Democrática do Congo (2019), o de polio en 2014 e o de virus zika en 2016.

Publicidade

Segundo os datos da organización, ata o momento hai xa 7.818 contaxios -e 170 mortes- confirmados en todo o mundo, dos cales 7.736 están en China e o resto repartidos noutros 18 países.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Nova epidemia de ébola: por que declarou a OMS unha emerxencia internacional?

O 15 de maio confirmouse un gromo causado pola especie 'Orthoebolavirus bundibugyoense' na República Democrática do Congo. Por Raúl Rivas

A OMS eleva a cinco os casos confirmados de hantavirus

A organización asegura que os demais pasaxeiros do 'MV Hondius', que navega en dirección ás Canarias, non presentan síntomas e que o risco para a poboación xeral é "baixo"

Que é o virus Nipah e por que non vai ser a próxima gran pandemia

Trátase dunha zoonose identificada por primeira vez en Malaisia en 1999, orixinada por morcegos e da que só se rexistran casos no sueste asiático

A OMS alerta de que España xa non é un país libre de sarampelo

En 2024 confirmáronse 227 casos e en 2025 a cifra aumentou a 397, cunha alta porxentaxe de persoas non vacinadas e casos importados