Presentación do proxecto INNOVATRIAL celebrada onte en Madrid

Sanidade avanza cara o futuro da investigación clínica co proxecto INNOVATRIAL

Empresas españolas e europeas asisten á xornada de presentación do proxecto en Madrid

Por en marcha unha ferramenta que permita xestionar mellor a investigación realizada no Sistema Público de Saúde galego e o gran obxectivo do innovador proxecto INNOVATRIAL, que foi presentado onte en Madrid a diversas empresas españolas e europeas que queiran participar no mesmo.

A directora da Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (ACIS), Beatriz Allegue participou na xornada de presentación na que tamén estiveron o xerente do SERGAS, Antonio Fernández-Campa, o subdirector xeral de Sistemas e Tecnoloxias da Información da Consellería de Sanidade, Benigno Rosón Calvo, e o director do Centro para el Desarrollo Tecnolóxico Industrial (CDTI), Javier Ponce, que participa neste proxecto xunto á Administración galega.

Galicia participa actualmente nun 23% dos cerca de 900 ensaios clínicos con medicamentos que se autorizan anualmente en España. Destaca especialmente tamén a participación dos centros do Sistema Público de Saúde de Galicia noutras actividades de investigación no ámbito da biomedicina e ciencias da saúde.

O proxecto INNOVATRIAL enmárcase na procura de solución innovadoras que sirvan de ferramenta de apoio para a xestión de todo o proceso, desde o inicio ata a finalización dos estudos de investigación biomédica e en ciencias da saúde. Ademais, un dos obxectivos prioritarios do proxecto é permitir unha maior conexión dos ensaios clínicos coa actividade asistencial.

A directora de ACIS durante a xornada

En resumen o proxecto consiste na utilización de ferramentas de Compra Pública Innovadora para deseñar unha solución que conecte mellor a investigación clínica coa parte asistencial. Trátase de crear unha solución integral onde se desenvolvan múltiples funcionalidades que polo de agora non existen.

As novas terapias avanzadas, as biolóxicas, os anticorpos monoclonais ou as células CART están a cambiar o paradigma dun gran número de patoloxías e isto fai necesario ir adaptando a organización do Sistema Nacional de Saúde aos novos retos que se afrontan na investigación.

Un dos obxectivos prioritarios dos sistema INNOVATRIAL será facilitar unha mellor conexión dos datos de investigación clínica coas historias clínicas electrónicas. A solución innovadora que se estableza deberá abordar varias fases nas que a investigación clínica poda beneficiarse das novas tecnoloxías. Entre elas podemos citar a xestión do ensaio, o recrutamento de pacientes potenciais para os ensaios, o seguimento dos mesmos, o análise de datos e, finalmente, a xestión da información e a publicación do ensaio clínico.

Entre as áreas tecnolóxicas preferentes para o desenvolvemento da solución se atopan as tecnoloxías para a saúde, o deep learning, o big data, a intelixencia artificial, o blockchain e as redes móbiles avanzadas.

Un dos obxectivos prioritarios de INNOVATRIAL será conectar os datos de investigación clínica co historial dos pacientes

En 2018 o CDTI creou a Oficina de Compra Pública Innovadora, que ten por obxectivo impulsar a Compra Pública Precomercial. Para iso este organismo adquire servizos de I+D que satisfagan necesidades públicas. A iniciativa conta co apoio do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).

Os prototipos resultantes que se obteñan no proceso de desenvolvemento de tecnoloxías serán cedidos á Administración pública colaboradora (neste caso o SERGAS) para a súa validación.

A xornada celebrada onte en Madrid despertou o interese de medio centenar de empresas do sector e para o próximo 7 de febreiro está previsto celebrar outra xornada en Santiago dirixida ás empresas do ámbito galego.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.