Saúde

Probas ‘exprés’ sen baixar do coche a pacientes con indicación médica e cita previa

Todas as áreas sanitarias de Galicia dispoñerán a partir do luns dun test, que deberá ser autorizado por prescrición facultativa

Ibuprofeno e COVID-19: isto é o que precisas saber

Esta tribuna científica resume todo o coñecido ata agora pola polémica do uso do ibuprofeno ante os síntomas da infección polo coronavirus SARS-COV-2

O 75% dos positivos de coronavirus SARS-CoV-2 en Galicia, nos seus domicilios

Os datos desde xoves elevan a 444 as persoas afectadas pola doenza, con cen novos casos e outra persoa falecida na Coruña

Nace san un bebé en Vigo dunha nai con positivo por coronavirus

O nacemento no Hospital Álvaro Cunqueiro é un fito mundial porque axuda a reforzar a idea de que non hai transmisión de nai a bebé

Ollo ao contacto indirecto: canto tempo aguanta o virus en distintos materiais?

As diferenzas entre a resistencia do virus en diversas superficies obriga a tomar tamén precaucións en actividades cotiás e no reparto de mercadorías

A OMS recomenda oficialmente non tomar ibuprofeno para o COVID19

Tamén o Servizo Nacional de Saúde do Reino Unido desaconsella o ibuprofeno tras do artigo en The Lancet e a polémica en Francia

O xenoma do SARS-CoV2 demostra que non puido crearse nun laboratorio

A revista "Nature Medicine" publica unha análise na que se constata que a orixe do virus é natural, e non puido sintetizarse

Os datos do coronavirus, en corentena

Os diferentes criterios para confirmar casos, o número de probas realizadas e outras decisións políticas deturpan as cifras oficiais da doenza

Portugal sospeita de posibles casos de coronavirus desde xaneiro

O goberno luso, que confirma xa 448 persoas afectadas, realiza seguimento a preto de 7.000 persoas e achega datos por idade destes casos

Biólogos de Galicia ofrecen voluntarios para as probas do coronavirus

O colexio oficial prepara unha listaxe de profesionais que conten con equipos para poñer a disposición da Consellería de Sanidade e incrementar as probas

Un modelo predí o pico de contaxios en Galicia a principios de abril

Investigadores das universidades de Santiago, Vigo e Aveiro empregan ecuacións diferenciais para definir a curva epidémica no país

Un 86% dos primeiros contaxios en Wuhan non chegaron a detectarse

Un artigo publicado na revista "Science" describe a través dun modelo matemático o risco para a propagación das persoas sen síntomas

Fernando Vázquez: “Temos que dedicar un anaco cada día a coidar de nós mesmos”

O profesor do Departamento de Psicoloxía Clínica da USC achega recomendacións para afrontar o confinamento e adiantarse aos inconvenientes que ten

Enjuanes: “É moi probable que este coronavirus regrese cada inverno”

O científico do CSIC, o maior experto en coronavirus, cre que unha vacina non podería estar lista antes dun ano

Sanidade ofrece un autotest con recomendacións sobre o coronavirus

O sistema ofrece recomendacións adaptadas á situación de cada persoa e respostas a dúbidas frecuentes sobre a doenza

Falece a terceira persoa afectada polo coronavirus en Galicia

A gran maioría dos casos contabilizados en Galicia (148) permanecen no domicilio, e oito persoas están sendo atendidas na UCI