Probas ‘exprés’ sen baixar do coche a pacientes con indicación médica e cita previa

Todas as áreas sanitarias de Galicia dispoñerán a partir do luns dun test, que deberá ser autorizado por prescrición facultativa

Cinco das sete áreas sanitarias de Galicia dispoñen deste xoves dun sistema para realizar probas de coronavirus a determinadas persoas sen baixar do coche, segundo informou o Sergas. As probas deberán ser autorizadas por prescrición facultativa e con cita previa, no marco dos criterios establecidos nos protocolos, e quedará rexistrada na historia clínica electrónica do paciente.

A medida, segundo informou a Xunta, trata de “complementar e axilizar o sistema de recollidas de mostras a domicilio, que ven incrementando a súa demanda nos últimos días”. Xa funciona en Vigo, Ourense e Lugo, comeza este venres na Coruña e Pontevedra, e o luns en Santiago e Ferrol.

Publicidade

O novo sistema, coordinado e priorizado polo servizo de Medicina Preventiva dos hospitais, permite axilizar tempos xa que posibilitan que os cidadáns se despracen en coche ao hospital, e ademais diminúe a utilización dos equipos de protección individual (EPI) xa que mentres cada visita a domicilio supón un cambio de EPI, os profesionais van utilizar un só equipo por quenda de traballo, sen necesidade de cambiarse con cada paciente.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia introduce unha vacina de reforzo contra a meninxite B aos 12 anos

O Sergas aplicará unha dose única aos nenos con pauta completa e dúas aos que non a teñan, aínda sen definir a data de inicio da medida

O Sergas empregará IA para apoiar a análise de imaxes clínicas

O obxectivo é examinar anualmente 1,5 millóns de radiografías de tórax, 150.000 de cribados citolóxicos, 100.000 probas oftalmolóxicas e 40.000 para a detección de cancro de mama e próstata

SHARE, o Netflix dos profesionais galegos da saúde, esténdese agora aos cidadáns

A plataforma permitirá aos pacientes afondar no coñecemento da súa enfermidade e promover o autocoidado

Galicia será a primeira comunidade en contar cun centro de radioterapia de precisión no prazo dun ano

O Centro de Protonterapia de Santiago poderá atender anualmente ata 250 pacientes con cancros de especial complexidade