Sábado 20 Abril 2024

Un modelo predí o pico de contaxios en Galicia a principios de abril

Investigadores das universidades de Santiago, Vigo e Aveiro empregan ecuacións diferenciais para definir a curva epidémica no país

O pico máximo de contaxios polo coronavirus SARS-COV-2 chegará a comezos do mes de abril. Así o asegura o científico Juan José Nieto Roig, catedrático de Análise Matemática da Universidade de Santiago, quen deseñou xunto ao profesor Iván Area, da Universidade de Vigo, e Faiçal Ndaïrou e Delfim Torres, da Universidade de Aveiro, un modelo para predicir o comportamento do coronavirus.

Desta volta, son as matemáticas -e non a medicina- as que botan luz sobre esta crise, como adoita acontecer na epidemioloxia. Mediante un sistema de ecuacións diferenciais, estes investigadores achegan unha data, o 5 de abril, como día punta do número de contaxios en Galicia, aínda que a marxe de erro leva agora a un máis xenérico “comezos de abril“, que podería alongarse ata mediados do vindeiro mes como consecuencia das medidas de corentena social masiva implantadas en toda España. O obxectivo de ‘achandar a curva‘ pode adiar o pico epidemico no pais.

Publicidade

Aínda que os catro investigadores pertencen a universidades públicas, non fixeron público o seu estudo, como é costume no eido científico. Pero Nieto Roig achegou algúns detalles en declaracións aos medios:”O noso modelo, elaborado en colaboración cos compañeiros de Aveiro, xa o utilizamos con éxito no pasado para analizar a evolución de enfermidades como o ébola ou o zika, e agora adaptámolo para este novo virus porque cada enfermidade ten as súas características específicas de expansión”.

Matemáticas para explicar a evolución do coronavirus

Os científicos parten do “dato fundamental” de que o período de infección é duns 25 a 35 días, “co que fomos capaces de calcular que o pico chegará en Galicia durante os primeiros días de abril”, explicou o catedrático Nieto Roig, quen mantén a previsión do 5 de abril como pico máximo a partir do cal a curva epidémica vai descender. En contraste, os estudos epidemiolóxicos publicados en Portugal apuntan ao pico para o mes de maio no país luso, aínda que as cifras diferentes de contaxios poden influír nestas predicións.

Nieto Roig tamén observa diferenzas co conxunto de España: “Xa que aquí chegou con retraso, prevemos que tamén o pico chegue máis tarde a Galicia“.

1 comentario

  1. Non ofrecedes datos no texto e os gráficos tampouco dispoñen de suficientes cifras para interpretalos. O/as lectores de Gciencia buscamos nesta públicación unha lectura que amose os datos e as argumentacións ciéntificas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

“Anicamento” e “teito de cristal”, entre as novas entradas do Dicionario da Academia

A RAG engade corenta voces como novas acepcións e mellora a definición de 20 lemas na súa última actualización

Unha masa de aire polar desplomará os termómetros en Galicia

As temperaturas caen ata 10 graos a vindeira semana, quedando en valores baixos para a época do ano

▪️ Ten sentido implantar en Galicia a nova medida antitabaco do Reino Unido?

A investigadora da USC Mónica Pérez advirte que nos países con altas taxas de fumadores é difícil que esta medida saia adiante

Galicia rexistrou preto de 43.100 raios en 2023, un 66% máis que o ano anterior

O día co maior número de descargas eléctricas detactadas foi o 9 de setembro, cun total de 10.204