Venres 19 Abril 2024

O dato que preocupa en Galicia: os casos están medrando máis rápido na última semana

Aínda que a comunidade se mantén cunha incidencia baixa de SARS-Cov-2, os positivos aumentan a maior velocidade que noutras partes de España

IMPORTANTE: O que todos podemos facer para frear o coronavirus

(en actualización – 16.00h) – A declaración do estado de alarma en España e de alerta en Portugal debido á crise sanitaria do coronavirus SARS-CoV-2 abre un escenario de emerxencia para a saúde pública nunca antes visto nos últimos decenios en Galicia. As medidas de contención que se sucederon en cuestión de poucos días, encamiñadas a impedir a saturación do sistema público de saúde e protexer aos colectivos máis vulnerables, están baseadas en datos preocupantes dos que dispoñen as Administracións. Aínda que unha boa parte dos afectados (80%) só ten síntomas leves, e de feito en Galicia 64 dos 90 casos confirmados ata o mediodía do venres 13 están pasando a doenza nos domicilios. Alén disto, a Xunta anunciou na tarde do venres o dato de que se deran as primeiras tres altas (son 189 en toda España).

Publicidade

No marco da preocupación entre as autoridades e profesionais sanitarios, en Galicia hai un dato respecto á evolución da Covid-19 na última semana que xera, canto menos, desacougo: a velocidade diaria (en termos de porcentaxe), na que se producen novos casos. Despois de Navarra, afectada pola proximidade a País Vasco e La Rioja, que xa son zonas de transmisión comunitaria, Galicia é a autonomía na que máis medra este indicador.

As porcentaxes do gráfico sobre estas liñas amosan a porcentaxe media do incremento diario de casos entre os días 6 e 14 de marzo. Aquel día había en Galicia tres positivos, un dato que situaba á comunidade só por riba de Navarra, Murcia, Ceuta e Melilla. Porén, a velocidade de novos casos acelerouse nos últimos días. De aí os chamamentos á precaución desde a Xunta e as autoridades sanitarias, sobre todo ao detectar as viaxes de moitas persoas cara a comunidade desde zonas de transmisión comunitaria.

Está pasando tamén noutras rexións (El Confidencial salientou este xoves o problema de Madrid), toda vez que os primeiros focos de contaxio local se produciron nun momento diferente. E todo apunta, segundo os expertos, a que o pico de casos está por vir. O Goberno español deslizou o dato de que para a semana que vén se agardan 10.000 casos. A pesar de que se detectou rápido o maior foco ata agora en Galicia, o do centro cívico de Feáns, que foi clausurado o luns 9, e que se está seguindo a centos de persoas polos contactos cos positivos confirmados, é de agardar que nos vindeiros días, como no resto das zonas afectadas, a situación se agrave. E máis cunha poboación máis avellentada.

Este rápido aumento de casos constátase tamén no escaso número de días que Galicia tardou en rexistrar 90 casos confirmados desde o primeiro positivo, a unha velocidade semellante a de zonas máis poboadas como Madrid ou Andalucía. Con todo, é un dato a matizar, xa que as confirmacións están moi relacionadas co número de probas PCR que se realizan para diagnosticar a doenza. Este é un dos esforzos das autoridades nos últimos días, reforzar os servizos de Microbioloxía para aumentar a velocidade e a cantidade das probas que se poden facer.

Nas últimas comparecencias, a Xunta de Galicia cifrou en máis de 1.000 as probas PCR realizadas, unha parte importante, nos domicilios. No conxunto de España, o pasado día 10 o ministro de Sanidade dixo que se levaban realizadas unhas 17.500, polo que nestes días se farían varios miles máis. En Portugal, a Neste sentido, os datos que chegan de Portugal poden ser un indicador da situación. A Direção-Geral da Saúde de Portugal, que está a difundir os datos no seu web, amosa que nos últimos tres días se multiplicaron o número de casos sospeitosos no país, ata 1.704. 126 deles están á espera de resultados, e máis de 5.000 persoas están sendo vixiadas polas autoridades. A DGS recoñece 11 cadeas de transmisión activas dentro do país.

Fonte: Direção Geral da Saúde Pública.
Fonte: Direção Geral da Saúde Pública.

Anticipación a novos casos

A velocidade á que se foron tomando as decisións na última semana en Galicia e España veu dada polas informacións que chegaban desde Italia, país que está experimentando unha situación crítica. O pasado 5 de marzo, pouco máis dun mes despois de que se detectara o primeiro caso no país, o presidente da Sociedade Europea de Coidados Intensivos (ESICM), Jozef Kesecioglu, compartía cos seus compañeiros unha mensaxe de médicos da Universidade de Milán que xa anticipaba a situación que toda Europa vive só unha semana despois.

Esta mensaxe incidía no “moi elevado número de admisións na UCI que estamos vendo”, case todos, apuntaban, por “insuficiencia respiratoria grave que require de ventilación mecánica“. A preocupación estendeuse pronto entre sanitarios e autoridades, debido á probabilidade dun eventual colapso dos servizos de coidados intensivos e a necesidade dun gran número de respiradores.

As palabras que chegaban desde Lombardía comezaron a traducirse cara a opinión pública na mensaxe de achandar a curva, que nos últimos días circula polas redes. Así, ante os niveis de casos positivos e os moi probables focos descontrolados, as medidas drásticas encamiñáronse cara á contención.

A vacina somos todos: así hai que achandar a curva

Dato maior ao que din as cifras a tempo real

As comunicacións das autoridades, para reforzar as chamadas á calma e a responsabilidade nunha situación crítica como a actual, están sendo transparentes toda vez que, desde comezos de semana, se viu vir a magnitude do problema en Galicia e España. Así, tanto o Goberno como as comunidades están informando polo dúas veces ao día dos novos positivos confirmados polas probas PCR realizadas. Non en tanto, hai dous factores que obrigan a incidir na mensaxe da responsabilidade individual e o illamento social da poboación.

Por unha parte, debido a que moitas persoas padecen síntomas leves, ou son asintomáticas, é posible que o coronavirus poida estar circulando fóra dos contactos que son obxecto de seguimento na actualidade. E por outra banda, a necesidade de atender de forma prioritaria ás persoas de grupos de risco e casos sospeitosos, e a elevada carga de traballo dos profesionais sanitarios está retrasando, a veces durante días, a realización das probas PCR e a comunicación dos resultados.

Por iso, insisten as autoridades, é preciso cumprir e facer cumprir as medidas excepcionais de illamento social que está vivindo Europa, que en menos dunha semana converteuse en epicentro do SARS-CoV.

Máis información:

Falece a primeira persoa por SARS-CoV-2 en Galicia, que suma 135 casos

Sánchez presenta as ‘medidas excepcionais’ ante o coronavirus

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

“Anicamento” e “teito de cristal”, entre as novas entradas do Dicionario da Academia

A RAG engade corenta voces como novas acepcións e mellora a definición de 20 lemas na súa última actualización

Unha masa de aire polar desplomará os termómetros en Galicia

As temperaturas caen ata 10 graos a vindeira semana, quedando en valores baixos para a época do ano

▪️ Ten sentido implantar en Galicia a nova medida antitabaco do Reino Unido?

A investigadora da USC Mónica Pérez advirte que nos países con altas taxas de fumadores é difícil que esta medida saia adiante

Galicia rexistrou preto de 43.100 raios en 2023, un 66% máis que o ano anterior

O día co maior número de descargas eléctricas detactadas foi o 9 de setembro, cun total de 10.204