Mércores 17 Abril 2024

Portugal declara o estado de alerta polo coronavirus

Con 78 casos confirmados no país, ningún de gravidade, o primeiro ministro portugués afirma que é "unha loita pola nosa supervivencia"

IMPORTANTE: O que todos podemos facer para frear o coronavirus

O Goberno de Portugal implanta este venres o “estado de alerta” no país para actuar fronte á crise do coronavirus, que xa levou a anunciar o peche de colexios e discotecas e limitación de aforo en restaurantes. Con 78 casos rexistrados, ningún falecido e un recuperado, o Goberno de António Costa deu un paso adiante para asegurar con esta medida que “protección civil e forzas de seguridade” estean listas para actuar con “prontitude”, explicou en rolda de prensa a ministra de Presidencia, Mariana Vieira da Silva. Os peches de locales públicos estarán vixentes dende o vindeiro luns ata Semana Santa.

Publicidade

Ao estado de alerta, uniuse a promesa de que os traballadores que queden coidando aos fillos en casa pola suspensión escolar recibirán o 66% do seu salario. Un 33% desa porcentaxe será pagada pola Seguridade Social.

Tamén se simplifica o proceso de contratación de médicos, podendo incorporarse persoal xubilado. Todas estas accións buscan conter o virus no medio do que Costa denominou “unha loita pola nosa propia supervivencia”.

Nese contexto, o Goberno reducirá “un terzo a capacidade máxima de cada establecemento de restauración” e impón limitacións “de frecuencia” en centros comerciais.

Tamén acouta os permisos de atraque a cruceiros turísticos, agora só para abastecemento, “non para desembarco de pasaxeiros”, con excepción daqueles viaxeiros que residan en Portugal. Ademais, Portugal limita as visitas a residencias de anciáns en todo o país para protexer a unha poboación “particularmente vulnerable“.

Galicia suma 90 casos de SARS-CoV-2, con seis persoas na UCI

“Esta pandemia no continente europeo en Portugal aínda non alcanzou en Portugal o seu pico; pola contra, está en fase de evolución”, advertiu Costa, quen dixo que é “moi probable que nas vindeiras semanas” haxa máis persoas contaxiadas. “Este pode ser un brote mais duradeiro do que se pode estimar inicialmente”, agregou.

“É unha loita pola nosa supervivencia e pola protección da vida dos portugueses”, anunciou o primeiro ministro. Das garderías á Universidade, toda as dependencias de ensino quedan pechadas desde o luns e ata o 9 de abril.

Discotecas e bares pechan, as competicións deportivas suspéndense durante un par de semanas, do mesmo xeito que os adestramentos nos clubs de fútbol; os centros comerciais terán restricións da súa capacidade para evitar a aglomeración de persoas, os restaurantes reducirán a súa capacidade máxima a un terzo e queda prohibida a visita aos centros de xubilados.

Ata o xoves, apenas 78 persoas estaban infectadas en Portugal, ningunha delas en estado grave. Diversos especialistas en epidemiología estiman que o pico máximo da pandemia podería alcanzar no país os 500 casos a final de mes. De momento, a diferenza doutros países, hai unha maior incidencia en persoas mozas que en maiores; apenas un 14% afecta a persoas maiores de 65 anos, nun país onde este rango de idade supera o 28%.

Euskadi decreta situación de emerxencia

Por outra banda, o lehendakari Iñigo Urkullu anunciou hoxe que se activa o plan de protección civil de Euskadi ante a pandemia de coronavirus. O departamento de Saúde aprobou a declaración de emerxencia sanitaria. “Debemos aplicar todas as medidas de contención e prevención, a situación é grave”, afirmou Urkullu.

O lehendakari lembra que o artigo 8 da Lei de Emerxencias vasca contempla a posibilidade de impoñer o “confinamento” da poboación pero evitou concretar se acabará aplicándoa. “A situación é grave e non pasamos o peor”, advertiu durante a súa explicación tras a reunión do Goberno vasco.

Euskadi xa ten 417 casos confirmados de coronavirus. 179 atópanse hospitalizados e rexistráronse 14 mortos desde o inicio da epidemia. Áraba con 310 casos é o territorio máis afectado fronte a Guipúscoa, que ten 24. Urkullu asegurou que nove dos positivos de coronavirus en Euskadi xa superaron a enfermidade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Unha trintena de casos de dengue en Portugal: debemos preocuparnos en Galicia?

O mosquito tigre, vector da enfermidade infecciosa, detectouse por primeira vez no territorio galego no verán de 2023

Identificado un novo campamento romano na fronteira entre Galicia e Portugal

Un equipo de arqueólogos detecta un posible recinto fortificado de tres hectáreas de extensión datado entre os séculos I a.C. e I d.C.
00:03:16

P de Portugal: algo máis que irmáns (ata o século XII)

Cando morreu o rei García en 1090, o Reino de Galicia pasa a ser divido en dous condados separados polo río Miño

Por que algúns pacientes teñen covid persistente e outros non? Este estudo dá na clave

Un equipo do Hospital Universitario de Zúrich busca mellorar a atención aos doentes con novas estratexias de tratamento