Galicia suma 90 casos de SARS-CoV-2

Máis do 70 por cento dos positivos confirmados (64) permanecen con sintomas leves e están en illamento nos domicilios

IMPORTANTE: O que todos podemos facer para frear o coronavirus

INFORMACIÓN SEN ACTUALIZAR: CONSULTA OS ÚLTIMOS DATOSAQUÍ

Publicidade

 Os novos datos difundidos este venres polo Ministerio de Sanidad español respecto á propagación do coronavirus SARS-CoV-2 constatan o aumento dos casos nas zonas de “transmisión significativa” da doenza. Ademais de Madrid (que conta con máis de 2.000 positivos confirmados), País Vasco e, sobre todo, La Rioja (cuns niveis de incidencia só comparables en Europa aos da rexión italiana de Lombardía), preocupa o aumento de casos en Navarra, con moita probabilidade relacionados co foco da localidade de Haro. Nas últimas horas sumáronse máis de 1.000 novos positivos. No conxunto estatal o número de falecidos é de 120 e confírmanse xa 4.209 casos.

A mediodía do venres, a Xunta informou de 90 casos confirmados pola doenza Covid-19. Debido ao cambio de protocolo introducido polo Ministerio, a partir de hoxe, informarase sobre os casos de infección con resultado positivo realizados na nosa Comunidade Autónoma. Desdes 90, 43 deles son da área da Coruña, 4 da de Lugo, 10 da de Ourense, 9 da de Pontevedra e 15 da área de Vigo, 8 da de Santiago, e 1 da de Ferrol. Seis destes casos permanecen en UCI, 20 están en unidades de hospitalización e 64 no domicilio. A Xunta informou no mediodía deste xoves que se realizaron ata o momento 784 probas PCR.

Publicidade

En Portugal, con 112 casos confirmados, algo menos da metade (112) localízanse na rexión Norte. Aínda que a Direção Geral da Saúde Pública (DGS) non achega os datos da taxa de incidencia, esta zona ten unha poboación de máis de 3,5 millóns de persoas, polo que se deduce que a taxa é algo menor cá galega. Os datos foron actualizados ás 11 da mañá do venres 13. Con todo, as autoridades adiantáronse en tomar ao longo da semana medidas de restrición de movementos e peche de instalacións.

Ata o de agora non se ten rexistrado ningún falecemento en Portugal. Porén, hai 637 casos sospeitosos, dos que 172 agardan confirmación da análise. Unha persoa xa está recuperada. E xa son case 5.700 as que están baixo vixilancia das autoridades polo seu vínculo con estes ou outros casos. A DGS constata que hai alomenos “11 cadeas de transmisión activas”, e confirma que os casos importados proceden de Italia (15), España (9), Suíza (3) e Alemaña ou Austria (1).

Fonte: Direção Geral da Saúde Pública.

Os últimos datos sitúan a España como un dos países no mundo con máis casos ata o momento, con cifras semellantes a Francia e Alemania (aínda que estes con maior poboación.

Máis información

Galicia pecha os bares e limita a asistencia a enterros polo coronavirus

O dato que preocupa en Galicia: os casos están medrando máis rápido na última semana

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Dentro do ‘Odón de Buen’, o buque ‘vigués’ que navega cara á nova campaña científica na Antártida

O oceanográfico construído en Galicia participará por primeira vez nas operacións de apertura das bases españolas do polo sur

Galicia facilita o acceso a Lenzetto dende o estranxeiro ante o desabastemento do fármaco para a menopausa

A falta de tratamento indicado para tratar os síntomas da deficiencia de estróxeno tras a menopausa ten outras alternativas financiadas

Que é o efecto Fujiwhara? O fenómeno polo que un tren de borrascas regará Galicia

Unha fronte activa avanzará polo oeste peninsular e deixará choivas que se manterán canto menos ata o xoves

As emisións bioxénicas de CO2 aumentaron o 64% en Galicia dende 1990

Se se contabilizasen nos inventarios oficiais, elevarían nun 20% o balance galego de gases de efecto invernadoiro