IMPORTANTE: O que todos podemos facer para frear o coronavirus
A Xunta de Galicia ordena o peche de todos os bares do país, así como restaurantes e lugares de ocio como cines e teatros. O presidente Alberto Núñez Feijoo presentou esta noite en rolda de prensa un catálogo de medidas de urxencia para conter a pandemia do coronavirus.
Os bares e cafeterías deberán pechar dende ás 00.00 horas deste sábado. Só se permitirá abrir de xeito limitado a aqueles que sirvan comida para levar. Os clientes poderán entrar ‘o tempo imprescindible’ para recoller o seu pedido.
Ademais, estará limitada a asistencia a funerais e enterros durante o periodo excepcional que se abre en Galicia. Só estarán abertos supermercados e farmacias.
Tamén se anunciou un plan especial de seguridade para controlar o cumprimento destas medidas extraordinarias. Ademais, prácticamente queda bloqueado o Camiño de Santiago, xa que a Xunta ordenou o peche de todos os albergues de peregrinos.
O Consello da Xunta acaba de declarar a situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma. Poderá implicar a reorganización funcional dos servizos administrativos e as modificacións orzamentarias necesarias para afrontar a emerxencia
— Xunta de Galicia (@Xunta) March 13, 2020
O presidente da Xunta tamén fixo un chamado aos visitantes que Galicia recibiu nas últimas horas, con orixe en Madrid, incumprindo as recomendacións de permanecer nas súas casas na capital de España. “Son vectores de transmisión”, dixo Núñez Feijoo, ante un situación de total irresposabilidade destes turistas que teñen copado moitos puntos da costa galega nestas datas.
A declaración do estado de alarma en España e de alerta en Portugal debido á crise sanitaria do coronavirus SARS-CoV-2 abre un escenario de emerxencia para a saúde pública nunca antes visto nos últimos decenios en Galicia. As medidas de contención que se sucederon en cuestión de poucos días, encamiñadas a impedir a saturación do sistema público de saúde e protexer aos colectivos máis vulnerables, están baseadas en datos preocupantes dos que dispoñen as Administracións. Aínda que unha boa parte dos afectados (80%) só ten síntomas leves, e de feito en Galicia 64 dos 90 casos confirmados ata o mediodía do venres 13 están pasando a doenza nos domicilios. Alén disto, a Xunta anunciou na tarde do venres o dato de que se deran as primeiras tres altas (son 189 en toda España).
Máis información:
Falece a primeira persoa por SARS-CoV-2 en Galicia, que suma 135 casos
19 preguntas cotiás sobre o coronavirus (e a resposta de Fernando Simón)















Sinto moito por todos e todas das fabricas que vos oblogan a traballar todos fins de semana e puente de san jose …eso van a ir mirar os inspectores ….deberian …
Sinto moito pero ai tamen tendes moito riesgo ..pobre de aljun contaxio …e iran mirar os impectores mirar todos fin de semana e puente de san jose ..que vos oblogan a traballar si eso e legal ??
Buenas maneras ….es hora de hacer frente usando todas las formas posibles…y así ayudando a los sanitarios
Es hora de disfrutar de nuestras casas ,de la lectura..la música…la cocina…los que tengan hobbits cómo restaurar..pintar . …
En fin todos en casa
Moi ben feito ..e non se pensa nas empressas que teñen miles de empleados xuntos todos en vestuarios e casi pejados uns cos outro ….eses non teñen risco nunjun de contaxio ..por favor miren todo non solo colexios e bares ..grandes almacens coms o corte ingles ..frinsa .jealsa finsa ….
Traballo nunha desas empresas e obrígannos a ir por tandas ós vestiarios e entrar escalonadamente ó traballo.