España declara o estado de alarma polo coronavirus

A medida excepcional terá unha duración de quince días pero pode ser prorrogada e dá facultades ao Goberno para limitar o movemento de persoas

IMPORTANTE: O que todos podemos facer para frear o coronavirus

O Goberno español declarou hoxe o estado de alarma para facer fronte á grave crise sanitaria xerada pola expansión do coronavirus SARS-COV-2. O estado de alarma, previsto no artigo 116 da Constitución, faculta ao Goberno a medidas excepcionais. O presidente Pedro Sánchez fixo unha declaración institucional no Palacio da Moncloa para anunciar esta medida, que faculta ao Goberno para limitar a libre circulación de persoas, co consecuente peche dalgunha cidade ou comunidade autónoma, ou de todo o país, como aconteceu esta semana en Italia.

Publicidade

O citado artigo da Constitución establece o seguinte: “O estado de alarma será declarado polo Goberno mediante decreto acordado en Consello de Ministros por un prazo máximo de quince días, dando conta ao Congreso dos Deputados, reunido inmediatamente para o efecto e sen cuxa autorización non poderá ser prorrogado o devandito prazo. O decreto determinará o ámbito territorial a que se estenden os efectos da declaración”.

Portugal declara o estado de alerta polo coronavirus

Portugal declarou o ‘estado de emerxencia’ tamén no día de hoxe. O primeiro ministro, António Costa, declarou que “esta pandemia no continente europeo en Portugal aínda non alcanzou en Portugal o seu pico; pola contra, está en fase de evolución”, advertiu Costa, quen dixo que é “moi probable que nas vindeiras semanas” haxa máis persoas contaxiadas. “Este pode ser un brote mais duradeiro do que se pode estimar inicialmente”, agregou.

Publicidade

“É unha loita pola nosa supervivencia e pola protección da vida dos portugueses”, anunciou o primeiro ministro. Das garderías á Universidade, toda as dependencias de ensino quedan pechadas desde o luns e ata o 9 de abril.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Memorias dunha pandemia

Como sobrevivir á histeria colectiva ante un gromo de hantavirus. Por Andrea Veiga

O epidemiólogo Juan Gestal: “Non vai ser a próxima pandemia”

O experto explica que o perigo para a poboación global é baixo e que a resposta das autoridades debe centrarse na investigación da orixe do gromo

Badiola: “Hai unha probabilidade moi alta de que a nova gran pandemia teña orixe animal”

O doutor especialista en sanidade animal, sobre a gripe aviaria: “O risco para a cidadanía é extremadamente baixo, pero non completamente inexistente”

Que é a variante Frankestein? Síntomas e cando chegará a Galicia

"Non é unha ameaza", asegura a inmunóloga África González, que considera que o nome non está vinculado coa aparición de casos máis graves