Datos ás 13 horas do sábado 14 de marzo. Fonte: Sergas/Elaboración propia.
Datos ás 13 horas do sábado 14 de marzo. Fonte: Sergas/Elaboración propia.

Falece a primeira persoa por SARS-CoV-2 en Galicia, que suma 135 casos

O hospital da Coruña dá as tres primeiras altas, mentres que sete persoas están na UCI, 27 en unidades de hospitalización e 101 no domicilio

IMPORTANTE: O que todos podemos facer para frear o coronavirus

(en actualización – 20h) – A aparición de novos casos do coronavirus SARS-CoV-2 acelérase en Galicia,.no marco dun rápido incremento en toda España e Portugal. A Xunta de Galicia informou na noite do sábado de que son 153 os positivos confirmados no país. Este sábado confirmouse o falecemento da primeira persoa por mor da enfermidade, segundo os rexistros oficiais. Trátase dunha muller de 92 anos, con múltiples patoloxías, que se atopaba ingresada no Hospital Povisa de Vigo, e que dera positivo na proba de coronavirus. A Xunta expón que se trataba dun caso importado.

Segundo os datos difundidos pola Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade no mediodía do sábado, cando se falaba de 135 persoas diagnosticadas con SARS-CoV-2, 55 dos afectados están na área da Coruña, 23 en Vigo, 15 en Ourense, 17 en Santiago, 13 en Pontevedra, 7 en Lugo e 5 en Ferrol.

Entre estes casos, sete están ingresados na UCI, 24 en unidades de hospitalización e 115 no domicilio. Catro persoas xa foron dadas de alta. O Sergas tamén deu a cifra de probas PCR realizadas, que é de 1.087.

A Consellería de Sanidade insiste en que o 061 se use só para casos graves e emerxencias, tanto polo coronavirus como por outras circunstancias. Para dúbidas ou síntomas leves, é recomendable chamar ao 900 400 116.

Os casos que notifica o Sergas corresponden ás sete áreas sanitarias (A Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo, Vigo, Pontevedra e Ourense). É posible que haxa afectados doutros municipios de Galicia aínda que non apareza reflectido no mapa baixo estas liñas. É dicir, non significa que non haxa afectados na Mariña de Lugo ou na Costa da Morte, por exemplo.

No conxunto de España os afectados superan xa os 6.000, con incrementos notables nas últimas horas en Cataluña e Andalucía, dúas das comunidades con maior poboación. Madrid sobrepasou os 2.000 afectados. O Ministerio de Sanidad confirma en todo o territorio uns 200 mortos e 300 persoas ingresadas na UCI. Desde o anterior informe, en menos de 24 horas confirmáronse 1.519 novos positivos. No balance positivo, máis de 500 persoas foron dadas de alta desde o comezo da crise.

No marco de Europa, a situación en España séguese agravando, e supera xa as cifras de casos de Alemaña e Francia, con maior poboación. A taxa de incidencia acumulada nos últimos 14 días é do 12,23, achégase á de Irán (13,52) e xa supera Corea do Sur (11,17), aínda que segue lonxe de Italia, con 27,73  casos por cada 100.000 habitantes. A taxa de mortalidade do SARS-CoV-2 en España é do 2,4, algo menor que a global, e lonxe de Italia, onde os datos provisionais, con máis de 1.200 mortos, falan dun 7,2% de letalidade. Porén, os expertos apuntan a que a letalidade real é menor, xa que non se estarían diagnosticando todos os casos leves da doenza, e si os falecementos causados por ela.

Portugal

En Portugal, con 169 casos confirmados, o maior número localízase na rexión Norte. Aínda que a Direção Geral da Saúde Pública (DGS) non achega os datos da taxa de incidencia, esta zona ten unha poboación de máis de 3,5 millóns de persoas, polo que se deduce que a taxa é semellante á galega. Os datos foron actualizados ás 11 da mañá do sábado.

Fonte: Direção Geral da Saúde Pública.
Fonte: Direção Geral da Saúde Pública.

Ata o de agora non se ten rexistrado ningún falecemento en Portugal. Porén, hai 1.704 casos sospeitosos, dos que 126 agardan confirmación da análise. Unha persoa xa está recuperada. E xa son arredor de 5.000 as que están baixo vixilancia das autoridades polo seu vínculo con estes ou outros casos. A DGS constata que hai alomenos “11 cadeas de transmisión activas”.

No eido global, segundo expuxo a OMS este venres, Europa xa é o “epicentro da pandemia”, toda vez que algúns dos países que viviron primeiro a propagación do SARS-CoV-2, como China ou Irán, suman xa un bo número de persoas recuperadas. Aquí podes ver o mapa elaborado pola plataforma Datawrapper con datos da Universidade Johns Hopkins.


Máis información:

Estas son as ‘medidas excepcionais’ do Estado de Alarma do coronavirus

Covid-19 e saúde mental: como actuar durante o abrocho da doenza

Galicia pecha os bares e limita a asistencia a enterros polo coronavirus

España declara o estado de alarma polo coronavirus

O dato que preocupa en Galicia: os casos están medrando máis rápido na última semana

 

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.