Sánchez presenta as ‘medidas excepcionais’ ante o coronavirus

O documento que aproba o Goberno inclúe grandes limitacions de movementos, abastecemento e servizos públicos

O Consello de Ministros aprobou hoxe as medidas extraordinarias que acompañan á declaración de Estado de Alarma en España. O documento inclúe limitacións de desprazamento, transporte, abastecemento de mercadorías ou seguridade. Unha das medidas clave é que que queda prohibido andar polas rúas ou ningún espazo público sen motivos xustificados.

Todos os corpos de seguridade do Estado estarán baixo o mando do Ministerio do Interior, incluidas as policías locais e autonómicas. Tamén poderá mobilizarse ao Exército para controlar orden público e labores de todo tipo.

Publicidade

Todos estes datos figuran no documento do Real Decreto que o presidente Pedro Sánchez presentou ás 21.00 horas deste sábado.

O artigo 6 limita a circulación en todas as vías públicas do Estado. Queda prohibida a circulación, tanto en vehículos como a pé, en todas as vías se non é para acudir ao posto de traballo, fornecerse de medicamentos, acudir ao médico, comprar alimentos, retorno ao lugar de residencia habitual, desprazamento a entidades financieiras ou de seguros, para atender a persoas maiores ou dependentes ou motivos de forza maior.

Publicidade

O Goberno resérvase a potestade de pechar estradas, autoestradas ou todo tipo de vías en todo o país cando o considere necesario para conter a expansión da pandemia. Os vehículos só poderán circular para algún dos casos previstos autorizados polo Real Decreto.

O que todos podemos facer na casa para frear o coronavirus

Tamén quedan restrinxidos dereitos individuais de xeito que as autoridades poderán obrigar aos cidadáns a prestar servicios persoais obrigatorios. Esta circunstancia afecta moi especialmente ao sector sanitario.

Ademais, acórdase reforzar o sistema estatal de saúde en todo o territorio do Estado. Todos os traballadores de sanidade de España quedarán baixo a orde directa do Ministerio de Sanidade. As comunidades manterán a xestión pero as ordes serán dende o Goberno.

“Todos os medios sanitarios civiles e militares quedan baixo o control do ministro de Sanidade”, dixo Pedro Sánchez. Tamén se inclúe aos hospitais privados, clínicas, etcétera… xunto ás compañías farmacéuticas. O Goberno estará facultado para requisar medicamentos en calquera momento.

Haberá ordes para controlar o funcionamento de mercados e de todo o sector alimentario. Poderán regularse as industrias alimentarias, mesmo practicando ‘requisas de alimentos’ para a súa mellor distribución á poboación. “Garantiremos todo o suministro alimentario e enerxético”, dixo Pedro Sánchez.

Ademais haberá unha norma de distancia dentro dos supermercados. Non se poderá permanecer nos establecementos de alimentación con aglomeracións de persoas. E obrigatoria a separación dun metro de distancia en calquera establecemento. E tamén está prohibido consumir alimentos dentro dos supermercados ou en ningún tipo de establecemento, tampouco nos de hostelaría que poden vender comida para levar.

Quedan suspendidos os desfiles, as festas populares e as verbenas. Tamén queda restrinxida a asistencia a enterros e funerais.

O decreto tamén cancela todas las clases en todo o Estado e para todas as etapas do sistema educativo, dende Infantil ata a universidade. Non hai data de regreso ás aulas para retomar o curso.

O ministro de Transporte queda habilitado para adoptar medidas para garantir os servizos de mobilidade. Isto inclúe restrinxir o transporte público por estrada ou ferroviario. O decreto, pola contra, non concreta peche de fronteiras nin de portos. O transporte ferroviario de media e longa distancia queda reducido á metade como norma xeral.

 

Aquí podes consultar o Real Decreto de Estado de Alarma completo en pdf

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Dentro do ‘Odón de Buen’, o buque ‘vigués’ que navega cara á nova campaña científica na Antártida

O oceanográfico construído en Galicia participará por primeira vez nas operacións de apertura das bases españolas do polo sur

Galicia facilita o acceso a Lenzetto dende o estranxeiro ante o desabastemento do fármaco para a menopausa

A falta de tratamento indicado para tratar os síntomas da deficiencia de estróxeno tras a menopausa ten outras alternativas financiadas

Que é o efecto Fujiwhara? O fenómeno polo que un tren de borrascas regará Galicia

Unha fronte activa avanzará polo oeste peninsular e deixará choivas que se manterán canto menos ata o xoves

As emisións bioxénicas de CO2 aumentaron o 64% en Galicia dende 1990

Se se contabilizasen nos inventarios oficiais, elevarían nun 20% o balance galego de gases de efecto invernadoiro