Cómpre afrontar o confinamento con ferramentas acaídas para evitar o desgaste mental.
Cómpre afrontar o confinamento con ferramentas acaídas para evitar o desgaste mental.

Covid-19 e saúde mental: como actuar durante o abrocho da doenza

A situación de confinamento e demais medidas para conter a transmisión do virus SARS-CoV-2 pode xerar situacións incómodas que cómpre xestionar

IMPORTANTE: O que todos podemos facer para frear o coronavirus

A finais de xaneiro de 2020, a Organización Mundial da Saúde (OMS) declarou que o brote dunha nova enfermidade por coronavirus – COVID-19– na provincia de Hubei (China) converteuse nunha emerxencia de saúde pública de interese internacional: existía un alto risco de que se estendese a outros países do mundo. Pouco máis dun mes despois, esta semana declarou a doenza como pandemia, con Europa como “epicentro”.

Entre febreiro e marzo, o SARS-CoV-2 (como se coñece oficialmente ao virus) alcanzou a 115 estados e afectado a case 120.000 persoas. Pero ademais da diseminación da epidemia, esta crise está a xerar moita tensión na poboación.

Por iso, desde a OMS desenvolvéronse unha serie de consideracións de saúde mental para os diferentes sectores da poboación como apoio ao benestar psicolóxico durante o brote da COVID-19.

“A xestión da tensión e o benestar psicosocial durante este período é tan importante como a xestión da saúde física”, expón a OMS

Para a sociedade en xeral, recoméndase, como é obvio, non atribuír a enfermidade a ningunha etnia ou nacionalidade e ser empático cos afectados. Ademais suxírese non falar deles como ‘casos de COVID-19’, ‘vítimas’, ‘familias de COVID-19’ ou ‘enfermos’.

“Son ‘persoas que teñen COVID-19’, ‘persoas que están a ser tratadas por COVID-19’ ou ‘persoas que se están recuperando de COVID-19”, puntualizan desde a institución. “Despois, a súa vida continuará cos seus traballos, familias e seres queridos”, continúan.

Doutra banda, aconséllase non ver, ler ou escoitar noticias que causen ansiedade ou angustia e buscar información principalmente para tomar medidas de protección. E non estar constantemente pendente da evolución, senón buscar unha ou dúas veces ao día as actualizacións.

“O fluxo case constante de noticias sobre un brote pode facer que calquera perciba maior preocupación. Coñeza os feitos. Reúna información a intervalos regulares, desde o sitio web da OMS e as plataformas das autoridades sanitarias locais, para distinguir os feitos dos rumores”, explican.

Por último, remarcan a importancia de atopar o lado positivo da epidemia, como todas as persoas que experimentaron este novo coronavirus e superárono (máis de 72.000 a esta altura en todo o mundo), e de recoñecer o papel do persoal sanitario que traballa para salvar vidas.

A importancia de coidar aos traballadores da saúde

Nunha situación como a actual, é normal que o persoal sanitario viva situacións de estrés. “A tensión e os sentimentos asociados non significan que non se poida facer o traballo ou se sexa débil”, aclaran desde a OMS. “A xestión da tensión e o benestar psicosocial durante este período é tan importante como a xestión da saúde física”, explican.

Os expertos do Departamento de Saúde Mental da organización insisten aos traballadores da saúde na importancia de atender as súas necesidades básicas e asegurarse de descansar, comer de forma saudable e realizar actividade física.

E para evitar o estigma ou medo por parte da súa comunidade, recoméndase manter o contacto cos seus seres queridos, mesmo a través de métodos dixitais.

“Este é un escenario único e sen precedentes para moitos traballadores, particularmente se non estiveron involucrados en respostas semellantes. Aínda así, utilizar as estratexias usadas no pasado para controlar a tensión pode ser beneficioso agora mesmo se o escenario é diferente”.

Máis ansiedade entre os máis vulnerables

Os adultos maiores, especialmente os que están illados e os que padecen deterioración cognitiva ou demencia, poden sentirse máis ansiosos, anoxados, tensos, axitados e retraídos durante o brote ou mentres están en corentena.

“Hai que proporcionar apoio práctico e emocional a través de familiares e profesionais da saúde e dar información clara sobre a forma de reducir o risco de infección con palabras que poidan entender as persoas maiores”, apuntan desde a institución sanitaria.

“As instrucións deben comunicarse de forma clara, concisa, respectuosa e paciente”, engaden, “e tamén pode ser útil que a información se mostre por escrito ou en imaxes”.

“Se as autoridades sanitarias han recomendado limitar o contacto social físico para conter o brote, pode manterse conectado en liña”

A tensión de estar illado

Con respecto ás persoas en situación de illamento, recoméndase manter as rutinas diarias persoais. “Se as autoridades sanitarias aconsellan limitar o contacto social físico para conter o brote, pode manterse conectado a través do correo electrónico, os medios sociais, a videoconferencia e o teléfono”.

Os organismos de saúde pública e os expertos de todo o mundo están a traballar para garantir a mellor atención aos afectados, pero é normal sentir intranquilidade. Durante os momentos de tensión, desde a OMS aconsellan realizar actividades relaxantes, facer exercicio con regularidade, manter rutinas de sono regulares e comer alimentos saudables.

“Busque actualizacións da información e orientacións prácticas en momentos concretos do día e evite escoitar ou seguir rumores que lle fagan sentir incómodo”, conclúen os especialistas.


Texto publicado pola Axencia SINC.

Máis información:

Falece a primeira persoa por SARS-CoV-2 en Galicia, que suma 135 casos

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.