Venres 29 Marzo 2024

Francia desata a polémica ao dicir que o ibuprofeno agrava a infección por coronavirus

O Ministerio de Sanidade francés baséase nun artigo de The Lancet mentres o Ministerio de Sanidade de España di que é preferible o paracetamol pero non ve evidencias no Ibuprofeno

En caso de síntomas por infección con coronavirus, Francia recomendou hoxe o paracetamol fronte ao ibuprofeno. As autoridades sanitarias francesas alertaron de que tomar ibuprofeno (que se pode vender de maneira xenérica e con distintos nomes) e outros medicamentos antiinflamatorios pode empeorar a infección por coronavirus, polo que recomendan a quen teña febre que tomen paracetamol. A orixe da recomendación está nun estudo científico francés do 2019 e un artigo na prestixiosa revista The Lancet do pasado 11 de marzo. E non só convenceu ao  Ministerio galo senón a varios científicos do país, que refrendan esta recomendación. Ao tempo, a Axencia Española de Medicamentos manifestou nun comunicado que, aínda que recomendan o paracetamol fronte ao ibuprofeno ante esta infección vírica, non consideran que haxa evidencia firme de que o ibuprofeno agrave os síntomas do Covid19 ou favoreza a infección.

A polémica comeza co ministro de Sanidade francés, Olivier Véran, médico neurólogo, quen publicou unha mensaxe na súa conta oficial de Twitter na que asegura que “tomar medicamentos antiinflamatorios (ibuprofeno, cortisona…) podería ser un factor no empeoramento da infección. Se ten febre, tome paracetamol. Se xa está a tomar medicamentos antiinflamatorios ou ten dúbidas, consulte ao seu médico”.

Publicidade

O director xeral de Saúde de Francia, Jérôme Salomon agregou que “se informaron eventos adversos graves relacionados co uso de medicamentos antiinflamatorios non esteroideos (AINE) en pacientes con Covid-19, casos posibles ou confirmados”.

“O tratamento dunha febre ou dor mal tolerados no contexto de Covid-19 ou calquera outra virosis respiratoria baséase no paracetamol, sen exceder a dose de 60 mg/kg/día e 3 gramos por día (para adultos)”, dixo Salomen, quen engadiu: “Evite toda automedicación“.

No caso de patoloxías crónicas, insisten en que os pacientes non deben deixar de tomar a medicación prescrita, a menos que o seu médico lle indique  o contrario.

A clave para ser precavido co ibuprofeno está nun efecto inmunosupresor asociado ao efecto antiinflamatorio.

“Os medicamentos antiinflamatorios teñen un efecto inmunosupresor, é dicir, inhiben a actividade do sistema inmunitario, o que promove as infeccións”, explicaba hoxe no principal informativo da televisión francesa Alexandre Bleibtreu, médico especialista en enfermidades infecciosas do hospital Pitié-Salpêtrière en París. “Tamén poden enmascarar os síntomas e ter efectos secundarios nocivos”, agregaba Astrid Vabret, directora do departamento de viroloxía do Hospital de Caen.

Alexandre Bleitreu lembraba que se detectaron problemas “durante a epidemia de Mers” , outro coronavirus. “A adición de corticosteroides empeorou o prognóstico e conduciu a complicacións con infeccións bacterianas”.

Falece a primeira persoa por SARS-CoV-2 en Galicia, que suma 135 casos

Doutra banda, o paracetamol ” non actúa nas mesmas roteiros que os medicamentos antiinflamatorios non esteroideos” e, por tanto, non presenta os mesmos riscos, explicou Bleibtreu: “Os únicos efectos secundarios son no caso de patoloxías hepáticas e superan as doses recomendadas”.

Un estudo científico publicado en Francia no ano 2019, sobre unha mostraxe de 18 anos (de 2000 a 2018), reportou no país galo 337 casos de complicacións infecciosas incluíndo 32 falecementos vinculados ao Ibuprofeno e 10 falecementos vinculados ao ketoprofeno empregados con doenzas infecciosas.

A investigación provocou alarma en Francia e a Axencia Francesa do Medicamento decretou medidas restritivas de venda de ibuprofeno. Esas mesmas medidas foron tamén adoptadas en todos os países da Unión Europea. Agora, o Ministerio de Sanidade francés volve advertir claramente que o ibuprofeno non é a elección axeitada para tratar os síntomas do Covid-19. O paracetamol é o correcto, aínda que a recomendación non se extende no resto de países. En España non existe esta recomendación. E a Universidade de Harvard recolle o ibuprofeno para tratar os síntomas do coronavirus.

Algúns medios apuntaron a que o rexeitamento ao ibuprofeno baseábase nun estudo da Universidade de Viena (Austria), que xa descartou que científicos desta institución fixeran tal investigación.

Pero a base da nova alerta de Francia está en realidade  nun artigo na prestixiosa revista The Lancet, publicado o pasado 12 de marzo, apunta a unha relación entre ibuprofeno e agravamento do Covid-19.

Así que, malia a posición política e dos científicos en Francia, sobre todo, o importante é evitar a automedicación e recibir prescrición médica.

Aquí podes ler o artigo de The Lancet do 12 de marzo

E aquí podes ler o comunicado da Axencia Española de Medicamentos

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Por que algúns pacientes teñen covid persistente e outros non? Este estudo dá na clave

Un equipo do Hospital Universitario de Zúrich busca mellorar a atención aos doentes con novas estratexias de tratamento

Ascenden a 57 os falecidos por gripe en Galicia

O último informe do Sergas confirma a tendencia á baixa da incidencia nas catro provincias

Por que aumentan as infeccións respiratorias agudas en España?

Estamos xusto no momento do incremento da curva da gripe que este ano coincidiu co Nadal e o aumento dos contactos sociais

Tes gripe ou covid? Estas son as diferenzas

A inmunóloga África González admite que teñen síntomas moi similares pero que se distinguen polo tempo de incubación e a estacionalidade