Xoves 28 Marzo 2024

Prometedor resultado dun fármaco de Pharmamar contra un coronavirus

Científicos do CSIC atopan que a plitidepsina actúa contra un coronavirus da familia do SARS-COV-2 e terán resultados claros en dous ou tres meses

Un equipo do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) in vitro que o fármaco plitidepsina bloquea a multiplicación do coronavirus humano HCoV-229E. Probarán agora a eficacia do fármaco contra un coronavirus SARS, similar ao novo que causa a enfermidade COVID-19.

O fármaco foi descuberto pola farmacéutica PharmaMar, nada en Galicia e actualmente coa súa sede central en Madrid, e usado para tratar o mieloma. O principio logra frear a multiplicación do coronavirus HCoV-229E, que pertence á familia do novo coronavirus que provocou a pandemia. Agora, os investigadores van estudar se este fármaco é efectivo tamén contra o coronavirus SARS, moi similar ao SARS- CoV-2 que causa a enfermidade COVID-19.

Publicidade

“É un resultado prometedor”, apunta o virólogo Luis Enjuanes, que dirixe xunto a Isabel Sola e Sonia Zúñiga o laboratorio de coronavirus do Centro Nacional de Biotecnoloxía (CNB-CSIC), en Madrid.

“Observamos que o fármaco logra frear a multiplicación dun tipo de coronavirus humano, pero non o probamos aínda cun coronavirus mortal para o ser humano”, indica Enjuanes. “O resultado é prometedor porque este fármaco ten unha gran eficacia, pero aínda queda probalo contra o coronavirus SARS-CoV-1, similar ao novo ( SARS-CoV-2)”, engade.

“No laboratorio do CNB-CSIC coñecemos ben o coronavirus SARS-CoV-2 e imos avaliar a eficacia do fármaco en colaboración coa farmacéutica PharmaMar”.

O que todos podemos facer na casa para frear o coronavirus

A investigadora Sonia Zúñiga, do equipo de Enjuanes, sinala que “o composto de PharmaMar funcionou moi ben, porque impediu a multiplicación do virus mesmo en concentracións pequenas, que sabemos que son seguras porque son máis pequenas que as se utilizan en clínica para tratar o mieloma”.

Novas etapas
A viróloga do CSIC Isabel Sola, con máis de vinte anos de experiencia no estudo dos coronavirus, indica que “tras este primeiro resultado prometedor queda confirmar a eficacia do composto nun coronavirus humano moi similar ao que circula agora, como é o SARS-CoV-1, de 2002. E por último quedaría probar a eficacia no virus de interese, que é o SARS-CoV-2, que é o que está a causar a pandemia”.

Sola lembra as etapas que debe pasar a experimentación co novo fármaco antes de que poida ser aplicado nos seres humanos.

O dato que preocupa en Galicia: os casos están medrando máis rápido na última semana

“Primeiro necesitamos os permisos de bioseguridade para poder avaliar a eficacia do composto no laboratorio en cultivos celulares co SARS- CoV-2. Logo pasamos a unha segunda fase na que se realizan ensaios preclínicos con animais, e demostramos a súa eficacia en modelos animais, e finalmente pasamos a unha terceira etapa na que se experimenta en humanos para confirmar a súa eficacia antes de aplicalo en clínica”.

“Cando poderiamos saber se este fármaco é eficaz contra o novo coronavirus? Podería ser cuestión de dous ou tres meses”, engade Enjuanes.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

A gran eclipse solar de abril: cando e onde vela en Galicia?

Este fenómeno astronómico será visible de maneira parcial no oeste da comunidade, especialmente na franxa atlántica da Coruña e Pontevedra

Un equipo do CSIC logra controlar unha doenza causante da extinción dos anfibios

Os investigadores aplicaron un funxicida agrario sen observar trazas do produto nin efectos significativos na química e bioloxía da auga

O mapa dos ‘químicos eternos’ en Galicia: ata 70 zonas sospeitosas de grave contaminación

Unha investigación europea sinala a presenza no continente destas substancias nocivas para o medioambiente e a saúde