As persoas que volvan desde Madrid con síntomas serán “casos sospeitosos”

O presidente da Xunta de Galicia avanzou na comparerencia de prensa que se enviarán recomendacións a estas persoas e os seus achegados

IMPORTANTE: O que todos podemos facer para frear o coronavirus

Nos últimos días, diante das medidas tomadas pola Comunidade de Madrid, e a conseguinte preocupación pola incidencia do SARS-CoV-2 na capital de España e a súa área de influencia, as autoridades constataron o regreso dun importante número de persoas a Galicia, nomeadamente estudantes, pero non só.

Publicidade

Durante a xornada do xoves, nas súas dúas comparecencias, o presidente da Xunta apuntou que se enviarán unha serie de medidas “explícitas” para evitar posibles contaxios a estas persoas e os seus achegados.

“Preocúpanos, e así nolo teñen trasladado os profesionais sanitarios, o gran número de universitarios que volveron desde outras comunidades autónomas. Por tanto pedímoslle aos mozos e mozas que sexan sensibles coas medidas que estamos trasladando. É necesario que fagan especial fincapé en seguir as pautas”, declarou Feijoo.

Publicidade

Na noite do xoves, La Voz de Galicia adiantaba algunhas destas medidas, que afectarán ao proceder dos profesionais sanitarios á hora de decretar un posible caso. Así, o Sergas deu orde a todos os hospitais de considerar como “caso sospeitoso” a todas as persoas que amosen síntomas de infección respiratoria (dificultade para respirar, tose ou febre), e que estiveran nas últimas dúas semanas nalguha das áreas de transmisión comunitaria.

Así, estas medidas esténdese ademais de Madrid a La Rioja, os municipios de La Bastida e Vitoria-Gasteiz (País Vasco) e Miranda de Ebro (Castilla y León), en España; toda Italia; o departamento de Heinsberg (Renania do Norte-Westfalia) en Alemaña; os departamentos de Haut-Rhin (Grand Est) e l’Oise (Hauts-de-France); China, Corea do Sur, a illa de Hokkaidō, en Xapón, Singapur e Irán.

Agárdase que este cambio de criterio para considerar casos sospeitosos provoque un aumento do número de probas sobre o SARS-CoV-2 que se terán que realizar en Galicia.

Máis info:

A Xunta suspende as clases durante 14 días a partir do luns polo coronavirus

Galicia suma 90 casos de SARS-CoV-2, con seis persoas na UCI

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Dentro do ‘Odón de Buen’, o buque ‘vigués’ que navega cara á nova campaña científica na Antártida

O oceanográfico construído en Galicia participará por primeira vez nas operacións de apertura das bases españolas do polo sur

Galicia facilita o acceso a Lenzetto dende o estranxeiro ante o desabastemento do fármaco para a menopausa

A falta de tratamento indicado para tratar os síntomas da deficiencia de estróxeno tras a menopausa ten outras alternativas financiadas

Que é o efecto Fujiwhara? O fenómeno polo que un tren de borrascas regará Galicia

Unha fronte activa avanzará polo oeste peninsular e deixará choivas que se manterán canto menos ata o xoves

As emisións bioxénicas de CO2 aumentaron o 64% en Galicia dende 1990

Se se contabilizasen nos inventarios oficiais, elevarían nun 20% o balance galego de gases de efecto invernadoiro