As tres universidades galegas suspenden a actividade docente presencial

As institucións académicas respaldan as directrices da Xunta e ofrecen aos membros da comunidade universitaria información nos seus webs

En vista das novas medidas de contención polo coronavirus SARS-CoV-2 e a evolución da doenza Covid-19, e a partir das recomendacións e directrices indicadas pola Xunta de Galicia, os reitores das tres universidades galegas suspenden todas as actividades docentes presenciais desde este venres 13 de marzo en todos os seus campus. A suspensión da actividade lectiva que hoxe confirmou o presidente galego, súmase á das comunidades de Madrid, Murcia, País Vasco, La Rioja, Cataluña, Navarra ou Cataluña.

As institucións académicas de Santiago, Vigo e A Coruña xa anticiparan nestes últimos días protocolos e plans de continxencia para afrontar estas posibles medidas, así como o procedemento en caso de posibles contaxios nas súas instalacións.

Publicidade

A través das súas páxinas web e as súas redes sociais, así como mediante as canles internas do persoal, as universidades enviarán cumprida información aos membros da comunidade académica, para colaborar e adaptar a actividade docente e o seu funcionamento administrativo ordinario á nova situación. Desde as universidades piden máxima colaboración e o seguimento das recomendacións de saúde pública das autoridades sanitarias.

Aquí podes seguir a información de cada unha das universidades.

Publicidade

Universidade da Coruña

Universidade de Vigo

Universidade de Santiago de Compostela


Máis info:

A Xunta suspende as clases durante 14 días a partir do luns polo coronavirus

Galicia suma 90 casos de SARS-CoV-2, con seis persoas na UCI

As persoas que volven a Galicia desde Madrid terán que tomar medidas “explícitas”

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A conduta suicida na mocidade galega: case un 20% presenta un nivel entre moderado e alto de risco

Unha investigación da UVigo baseada en 900 cuestionarios a participantes de entre 15 e 29 anos destaca o peso do contexto familiar, social e educativo

A UDC mide por primeira vez como cristalizan en décimas de segundo os polímeros semicondutores

O traballo desenvolve unha metodoloxía que permite calcular nun único experimento un proceso clave para fabricar materiais destinados á electrónica orgánica e ás células solares

Un equipo galego abre a porta a detectar a periodontite mediante unha mostra de saliva e IA

A investigación, liderada pola USC e o IDIS, indica que o mellor modelo do experimento acada unha sensibilidade superior ao 92%

Das visitas a Santiago ás colaboracións científicas: estes son os vínculos do Nobel de Física con Galicia

O galardoado Francis Halzen é o presidente do Comité Asesor do IGFAE e colaborou cos científicos Enrique Zas, Jaime Álvarez ou Ricardo Vázquez