IMPORTANTE: O que todos podemos facer para frear o coronavirus
(en actualización) – A Xunta de Galicia anunciou este xoves novas medidas para conter o contaxio do coronavirus SARS-CoV-2, baseándose nas recomendacións de expertos de diversas materias. Destaca, polo número de persoas afectadas, a suspensión das actividades lectivas e extraescolares en todos os niveis educativos, a partir do vindeiro luns e durante 14 días. Os centros educativos poderán ter clases este venres, para atender ao alumnado. “Se os pais e as nais teñen dificultades para organizarse, os centros van estar abertos mañá, pero a partir do luns, desde o punto de vista de aceptación de alumnos, quedarán pechados”, explicou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo.
Novas medidas de contención en Galicia
- Suspensión de clases en todos os niveis educativos de Galicia a partir do luns, “se é posible” a partir deste venres.
- Como xa se anunciara na tarde do mércores, quedaron suspendidas as prácticas de estudantes dos graos en Ciencias da Saúde ou doutras titulacións e ciclos formativos, en calquera centro sanitario galego.
- Peche de todos os centros sociocomunitarios, e limitación nas visitas a residentes maiores de 70 anos ou con patoloxías cardíacas ou respiratorias previas; así como non aceptar visitas de persoas con síntomas respiratorios ou febre e de limitar a presenza de residentes en actividades en espazos pechados.
- Peche de museos, bibliotecas e arquivos que xestionados pola Xunta. Recoméndase que a medida se estenda ás instalacións xestionadas por outras institucións públicas e privadas.
- Suspensión do programa deportivo Xogade; e suspensión ou celebración a porta pechada de todas as actividades deportivas, incluíndo as municipais, que conleven asistencia de público.
- Limitación de afluencia a eventos en espazos pechados a 50 personas. No caso de espazos maiores, limitarase a asistencia a un terzo do aforo. “É dicir, nun espazo, por exemplo, de 900 persoas, non poderán acceder máis de 300”, explicou o presidente da Xunta. Ademais, están suspendidas as actividades en espazos pechados de máis de 1.000 persoas, e limítanse a 500 en espazos abertos.
- En canto a funcionarios públicos, apróbase un protocolo de actuación que recolle pautas e recomendacións, medidas de protección, a posibilidade de adoptar medidas de flexibilidade horaria, a posibilidade de poñer en marcha o teletraballo e a posible reorganización das quendas de traballo.
Seguindo o criterio dos expertos, máis medidas para conter o coronavirus:
✔Peche de centros sociocomunitarios
✔Suspensión da actividade lectiva e extraescolar durante 14 días
✔Limitar a 50 persoas o aforo en espazos pechados
✔Protocolo de actuación no emprego público— Xunta de Galicia (@Xunta) March 12, 2020
Máis info:
Galicia suma 90 casos de SARS-CoV-2, con seis persoas na UCI
As persoas que volven a Galicia desde Madrid terán que tomar medidas “explícitas”
Que medidas tomará el gobierno gallego con la mediana empresa y como solucionara las ayudas alos autónomos
Vemos muy acertado la decisiones que por parte del gobierno se llegan a tomar, como veríamos muy importante que las elecciones que pretende realizar el Sñor Feijo también por el bien de la salud de todos los gallegos y la limpieza de nuestra tierra sean suspendidas.