A Xunta suspende as clases durante 14 días a partir do luns polo coronavirus

Este venres os centros permanecen abertos e a asistencia non será obrigatoria para dar marxe aos pais e nais para organizarse

IMPORTANTE: O que todos podemos facer para frear o coronavirus

(en actualización) – A Xunta de Galicia anunciou este xoves novas medidas para conter o contaxio do coronavirus SARS-CoV-2, baseándose nas recomendacións de expertos de diversas materias. Destaca, polo número de persoas afectadas, a suspensión das actividades lectivas e extraescolares en todos os niveis educativos, a partir do vindeiro luns e durante 14 días. Os centros educativos poderán ter clases este venres, para atender ao alumnado. “Se os pais e as nais teñen dificultades para organizarse, os centros van estar abertos mañá, pero a partir do luns, desde o punto de vista de aceptación de alumnos, quedarán pechados”, explicou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo.

Publicidade

Novas medidas de contención en Galicia

  • Suspensión de clases en todos os niveis educativos de Galicia a partir do luns, “se é posible” a partir deste venres.
  • Como xa se anunciara na tarde do mércores, quedaron suspendidas as prácticas de estudantes dos graos en Ciencias da Saúde ou doutras titulacións e ciclos formativos, en calquera centro sanitario galego.
  • Peche de todos os centros sociocomunitarios, e limitación nas visitas a residentes maiores de 70 anos ou con patoloxías cardíacas ou respiratorias previas; así como non aceptar visitas de persoas con síntomas respiratorios ou febre e de limitar a presenza de residentes en actividades en espazos pechados.
  • Peche de museos, bibliotecas e arquivos que xestionados pola Xunta. Recoméndase que a medida se estenda ás instalacións xestionadas por outras institucións públicas e privadas.
  • Suspensión do programa deportivo Xogade; e suspensión ou celebración a porta pechada de todas as actividades deportivas, incluíndo as municipais, que conleven asistencia de público.
  • Limitación de afluencia a eventos en espazos pechados a 50 personas. No caso de espazos maiores, limitarase a asistencia a un terzo do aforo. “É dicir, nun espazo, por exemplo, de 900 persoas, non poderán acceder máis de 300”, explicou o presidente da Xunta. Ademais, están suspendidas as actividades en espazos pechados de máis de 1.000 persoas, e limítanse a 500 en espazos abertos.
  • En canto a funcionarios públicos, apróbase un protocolo de actuación que recolle pautas e recomendacións, medidas de protección, a posibilidade de adoptar medidas de flexibilidade horaria, a posibilidade de poñer en marcha o teletraballo e a posible reorganización das quendas de traballo.

Máis info:

Galicia suma 90 casos de SARS-CoV-2, con seis persoas na UCI

As persoas que volven a Galicia desde Madrid terán que tomar medidas “explícitas”

2 COMENTÁRIOS

  1. Vemos muy acertado la decisiones que por parte del gobierno se llegan a tomar, como veríamos muy importante que las elecciones que pretende realizar el Sñor Feijo también por el bien de la salud de todos los gallegos y la limpieza de nuestra tierra sean suspendidas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Máis de 2.500 sinaturas esixen á Xunta que declare o salmón “en perigo de extinción”

Cinco entidades ecoloxistas reclaman que a administración galega "asuma a súa responsabilidade" e protexa a especie

Xurxo Mariño recibe o Premio de Divulgación da RAGC: “A cultura científica contribúe nunha cidadanía crítica”

O galardón recoñece o labor do investigador da Universidade da Coruña, que leva máis de tres décadas difundindo coñecemento científico dende Galicia

Galicia amplía a cobertura da vacina reforzada contra a gripe e adianta a do sarampelo aos dous anos

A inmunización contra o virus respiratorio comezará a administrarse na próxima campaña á poboación xeral de entre 65 e 69 anos

Un fármaco para recuperarse tras un ictus e unha tecnoloxía de selado de latas, Premios á Transferencia

Os galardóns que outorgan a Real Academia Galega de Ciencias e a Axencia Galega de Innovación premian un grupo do IDIS e outro da UVigo