Xoves 18 Abril 2024

Nenos e nenas e coronavirus: o que tes que saber

* Un artigo adaptado de

O novo coronavirus SARS-CoV-2, que causa a doenza COVID-19, infectou xa a case 130.000 personas e causou preto de 3.000 mortes no mundo. Os pais, como é lóxico, están preocupados. Pero é importante ter en conta que en comparación co resto da poboación, poucos nenos deron positivo, e as mortes están sendo moi pouco habituais. Pero isto é o que temos que saber sobre como a doenza afecta aos nenos.

Publicidade

A infección en nenos e nenas repórtase con menos frecuencia do agardado. Por exemplo, o 3,4% de doenzas de coronavirus anteriores, como o MERS-CoV que apareceu en Arabia Saudita en 2015, os nenos rexistraron o 3,4% dos casos nunha poboación cuxo 15% das persoas ten menos de 19 anos. No SARS-CoV, que apareceu en 2002 en China, o patrón foi semellante: os nenos menores de 14 anos infectábanse moito menos cós grupos de maior idade. Porén, a Covid-19, detectada en decembro de 2019 en Wuhan (China), causou xa máis mortes que as dúas doenzas mencionadas xuntas.

Que pasa cos nenos?

O número de casos da Covid-19 en nenos segue sendo baixo. Na China, de máis de 80.000 casos confirmados, menos do 1% son de nenos de nove anos ou menos, e non se informou de mortes nese grupo de idade. En Australia, por exemplo, só se confirmou un neno afectado.

Segue sen estar clara a razón do baixo número de infeccións entre nenos. Non se sabe se se debe ao baixo número de cativos expostos ao virus, ao baixo número de nenos infectados ou, en todo caso, se o número é baixo porque non desenvolven síntomas suficientemente graves para ter que recibir atención médica.

Tribuna | Por que pechar colexios e universidades para frear a COVID-19?

Se a maioría non enferman, por que importa?

Se os nenos están infectados pero teñen síntomas leves, ou non os teñen, poden xogar de todas formas un papel crítico na transmisión da Covid-19. Os nenos móvense moito, teñen un contacto estreito entre eles e as súas familias e teñen un risco menor de enfermidades graves, polo que adoitan manter a súa actividade diaria se ninguén lle indica o contrario.

Demostrouse que previr que os nenos e nenas en idade escolar se infecten con virus deste tipo é unha estratexia efectiva de prevención comunitaria. Ao non existir vacina, é posible considerar o peche de escolas para conseguir formas de diminuír transmisión comunitaria, se se descubre que os nenos poden ser transmisores da infección.

Que síntomas teñen nenos e nenas?

Os médicos chineses informaron no seu momento de que adoitan ter tose, conxestión e secreción nasal, diarrea e dor de cabeza. Menos da metade ten febre. E moitos, directamente, fican sen síntomas. A maioría dos nenos e adolescentes con Covid-19 na China tiveron infeccións leves e recuperáronse en unha ou dúas semanas.

Mesmo os bebés, que poden ser máis febles ante infeccións respiratorias graves, teñen problemas máis leves.

Como podo saber se é Covid-19?

A maioría das nenas e nenos presentan síntomas respiratorios e/ou tose, que non se pode distinguir doutros virus comúns. O que parece claro é que todos eles tiveron contacto con familiares ou persoas próximas con infección confirmada.

Como evito que a miña familia se infecte?

A Covid-19 transmítese por pequenas pingas xeradas cando unha persoa infectada tuse ou esbirra. A infección pode transmitir se alguén toca obxectos ou superficies ás que puidera chegar o virus SARS-CoV-2 e logo leva a man á cara, boca ou nariz.

A mellor medida é a hixiene, lavando as mans con auga e xabón ou desinfectante e usar un pano de papel ou a parte interior do cóbado para cubrirse ao esbirrar, así como evitar o contacto con xente que poida estar infectada.

As máscaras só son útiles para evitar que as persoas xa infectadas a transmitan a outros. Hai pouca evidencia que apoie o uso destas prendas en persoas sas, e é case imposible conseguir que os nenos as usen de forma correcta, de todas formas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Por que algúns pacientes teñen covid persistente e outros non? Este estudo dá na clave

Un equipo do Hospital Universitario de Zúrich busca mellorar a atención aos doentes con novas estratexias de tratamento

Ascenden a 57 os falecidos por gripe en Galicia

O último informe do Sergas confirma a tendencia á baixa da incidencia nas catro provincias

Por que aumentan as infeccións respiratorias agudas en España?

Estamos xusto no momento do incremento da curva da gripe que este ano coincidiu co Nadal e o aumento dos contactos sociais

Tes gripe ou covid? Estas son as diferenzas

A inmunóloga África González admite que teñen síntomas moi similares pero que se distinguen polo tempo de incubación e a estacionalidade