Crean un mapa de risco coa evolución do coronavirus en Galicia a 4 días

Os científicos das universidades de Zaragoza e Rovira i Virgili publican por concellos o seu mapa matemático da evolución do SARS-Cov-2

IMPORTANTE: O que todos podemos facer para frear o coronavirus

O mapa de risco de expansión en España do coronavirus SARS-Cov-2 volve estar operativo, despois de que os seus autores da Universidade Rovire i Virgili (URV) e da Universidade de Zaragoza suspendesen a iniciativa o pasado 3 de marzo por “falta de informes oficiais fiables”. Agora, retoman o mapa, que segue un modelo matemático para predicir o risco de contaxio en cada zona, cunha precisión que chega a ser municipal. As predicións fanse a catro días vista.

Publicidade

Cando se estreou o mapa, o pasado 28 de febreiro, Galicia aínda non rexistrara ningún caso positivo, e a gran maioría dos concellos aparecían cun risco prácticamente nulo. Agora, as predicións avanzaron, sobre todo dende que o equipo científico das dúas universidades retomou os datos esta semana. E Galicia xa aparece con crecente probabilidade de contaxio en moitos municipios. Os mapas de cor resultan reveladores, mesmo a catro días vista.

Aquí podes consultar o mapa interactivo

Publicidade

E aquí podes descargar os datos, municipio a municipio

Con esta nova ferramenta os investigadores queren anticiparse á propagación do COVID-19 para poder adoptar medidas de control eficaces. Unha das particularidades deste modelo é que ten en conta, tamén, os contaxios que poden facer as persoas asintomáticas, que foi un dos principais obstáculos para poder controlar a expansión da enfermidade.

Risco de contaxio de coronavirus en Galicia estimado para 14 de marzo.

Os resultados deste traballo plasmáronse neste mapa que se actualizou diariamente a través desta páxina web de acceso público que se pode visitar nesta ligazón. Pero os datos foron interrompidos durante unha semana, ata que hoxe os investigadores retomaron a actividade, explicando que deixaron o proxecto “por falta de reportes oficiais que nos proporcionasen información sobre os casos detectados en tempo real e a súa localización; anunciamos que a data 10 de Marzo de 2020 atopámonos en disposición de volver actualizar resultados“.

Este grupo de investigadores leva anos traballando no desenvolvemento de modelos matemáticos que estudan a propagación das epidemias baseándose nos patróns de mobilidade das persoas e no censo das poboacións afectadas. “Agora adaptamos un destes modelos de propagación de epidemias ás particularidades do COVID-19, incluíndo os datos epidemiolóxicos obtidos ata o momento sobre este virus e contemplando tamén a influencia daqueles individuos asintomáticos que poden provocar novos contaxios”, explicaba na presentación Alex Arenas, do grupo de investigación Alephsys Lab da URV. Utilizando os datos de mobilidade habitual entre municipios españois da poboación activa do país (proporcionados polo Instituto Nacional de Estatística) os investigadores desenvolveron esta ferramenta que mostra o risco epidémico estimado para España a nivel de municipios. “O modelo pódese trasladar perfectamente a outros países onde se dispoña destes datos”, asegura Areas.

Así, con estes datos xérase un mapa de risco que produce un indicador por termo municipal da fracción da poboación que se estima que pode contraer a infección por contaxio comunitario. As zonas en gris corresponden a aquelas para as que aínda non se dispón de datos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Do picapeixe á cegoña branca: as aves (galegas) que poderían aparecer nos próximos billetes de euro

As seis especies escollidas polo Banco Central Europeo teñen presenza, habitual ou ocasional, no territorio, dende as montañas do interior ata o litoral

Vigo rexistra as maiores concentracións de “contaminantes eternos” da costa atlántica peninsular

Un estudo do IEO-CSIC analiza a presenza de PFAS en mostras de moluscos recollidos dende Francia ata o Golfo de Cádiz

Un ciclo de divulgación científica leva a investigación sobre Galicia a seis vilas do Camiño de Santiago

A iniciativa de Observer ‘Camiños de Ciencia’ celebrarase entre setembro e novembro con charlas gratuítas arredor da arqueoloxía, xeoloxía ou astronomía

Galicia activa un programa para mellorar a vixilancia da infección pulmonar causada pola lexionela

A Consellería de Sanidade, a USC e a Fundación Pública Galega de Investigación Biomédica analizarán as cepas da bacteria para facilitar a detección de posibles gromos