Falece a terceira persoa afectada polo coronavirus en Galicia

A gran maioría dos casos contabilizados en Galicia (148) permanecen no domicilio, e oito persoas están sendo atendidas na UCI

IMPORTANTE: O que todos podemos facer para frear o coronavirus

A Consellería de Sanidade informou esta maña do falecemento dun home de 45 anos no hospital da Coruña. Tiña patoloxías previas, e é a terceira morte nas últimas 48 horas. Aínda que nun primeiro momento se informou de que se trataba da primeira persoa diagnosticada en Galicia, pouco despois o Sergas aclarou que se trataba doutra persoa, tamén ingresada no Chuac.

Publicidade

Á espera de que a corentena que confina nas súas casas a máis de 45 millóns de habitantes en España desde esta fin de semana contribúa a achandar a curva (unha medida que tardará aínda días en comprobarse), o número de persoas afectadas polo coronavirus SARS-CoV-2 segue medrando. En Galicia, segundo os datos que facilita a Xunta, é de 239 casos activos (245 segundo o Ministerio de Sanidad, que suma todos os detectados ata o momento). As cifras aceléranse no conxunto do territorio estatal, con 2.000 novos positivos nas últimas horas, polo que quedan obsoletas ao pouco tempo de ser publicadas. Superan xa as 9.000, sen ter en conta as persoas que, ben pola levidade dos síntomas, ben por non ter comunicación aínda do resultado das probas, non entran nas listaxes facilitadas polo Ministerio de Sanidad e as consellerías autonómicas. Este luns, a Xunta informou que, en atención ao protocolo de comunicación do Goberno español, só se actualizarán os datos unha vez ao día.

No caso de Galicia (onde se realizaron segundo a Xunta 1.680 probas PCR para confirmar a presenza do SARS-CoV-2), unha das comunidades nas que máis tardaron en propagarse os primeiros focos, a taxa de incidencia por 100.000 habitantes nos últimos 14 días (arredor do 8,85) segue sendo bastante menor cá do conxunto de España (agora no 19,6). Porén a tendencia que xa se vén constatando nos últimos días é máis acelerada cá no resto de España.

Publicidade

Entre as comunidades autónomas con número de habitantes parecido a Galicia, aínda que algo menores, a evolución desde o día 1 (no que se superaron os 10 casos, é a seguinte). Na comunidade galega, debido a que os focos tardaron máis en aparecer, só pasaron 8 días desde o dito punto.

Con todo, son datos que deben ser valorados con cautela, xa que o número de probas PCR realizadas difire en todas as comunidades, e mesmo nalgunhas zonas, como Madrid ou Cataluña, xa se están reservando as probas só para o persoal sanitario e os casos máis graves debido á saturación do sistema. Dito dun xeito máis claro, hai máis persoas afectadas do que difunden as cifras oficiais, de aí as medidas de confinamento tan estritas que se están a vivir.

Son datos que deben ser valorados con cautela, xa que o número de probas PCR realizadas difire en todas as comunidades

No mediodía do luns, a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informou, por tanto, do número de persoas afectadas por área. Das 239, 80 son da área da Coruña-Cee, 16 da de Lugo-A Mariña-Monforte, 28 da de Ourense-Verín-O Barco de Valdeorras, 26 da de Pontevedra-O Salnés, 46 da área de Vigo, 37 da de Santiago-Barbanza, e 6 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 9 permanecen en UCI, 49 están en unidades de hospitalización e 181 no domicilio. Por outra banda, rexistráronxe xa as 4 primeiras  altas de pacientes, no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña.

A situación en España, cos datos actualizados ás 14 horas do luns, é a seguinte:


E así está en Portugal:

Fonte: Direção Geral da Saúde Pública.
Fonte: Direção Geral da Saúde Pública.

Información en Galicia

A Consellería de Sanidade volveu insistir este domingo en que a cidadanía use o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número gratuíto do 900 400 116 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus.

Ademais, o Sergas ten a disposición da cidadanía unha páxina web (https://coronavirus.sergas.es), na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos, así como realizar un autotest sobre a doenza.


Máis info:

Sanidade ofrece un autotest con recomendacións sobre o coronavirus

Que facer se na casa temos unha persoa afectada?

1 comentario

  1. Habería que cruzar ese datos cos das datas de cando se pecharon as aulas en Madrid e dende o xoves 12 onde xa estaba o rumor de pechar a cidade onde moita xente migrou para suas segundas residencias. Sería curioso cruzar ese datos qeu pode explicar unha subida tan rápida.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O mar acada os 22 graos en Galicia: as claves dun quecemento inusual para maio

Os sistemas de observación detectan valores moi superiores á media habitual para maio, provocados pola acumulación de calor asociada a episodios persistentes

Documentado por primeira vez un gorgoncéfalo vivo en augas galegas

Investigadores do IEO localizan un exemplar xuvenil na Ría de Arousa, o que amplía o límite norte coñecido da especie

Como funciona a amizade entre arroaces? Así é como as bateas moldean a súa vida social nas Rías Baixas

O biólogo galego Bruno Díaz revela que as preferencias alimentarias condicionan a formación de vínculos entre cetáceos

O ventilador atlántico pon fin á calor en Galicia cun descenso das temperaturas de case 10 graos

Unha masa de aire frío procedente do noroeste traerá chuvias febles e ceos cubertos a partir do martes 2 de xuño