Sábado 27 Abril 2024

Os datos do coronavirus, en corentena

Os diferentes criterios para confirmar casos, o número de probas realizadas e outras decisións políticas deturpan as cifras oficiais da doenza

Datos de contaxios do coronavirus SARS-CoV-2 en Galicia do martes, 17 de marzo:

12.00 horas: O Ministerio de Sanidade anuncia 292 casos (consolidados ás 21 horas do día 16).

Publicidade

13.23h: O Sergas anuncia que son 285 casos.

15.00h: O presidente Feijoo anuncia que son 305 casos.

Esta secuencia resulta confusa, pero é a fotografía real dun sistema desbordado que publica datos pouco fiables, cando non abertamente contraditorios. As diferenzas de cifras, de taxas de letalidade por comunidades autónomas, de criterios unificados de avaliación e a falta de probas diagnósticas, xa recoñecida en todo o Estado español, poñen en entredito as estatísticas publicadas sobre o coronavirus tanto en Galicia como en España. Unha confusión que continúa a escala mundial, con datos inconexos de país a país. E da que xa alertan os científicos, que botan en falta cifras fiables para poder facer os seus estudos epidemiolóxicos desde diferentes enfoques.

“Isto é como querer ir correndo e atando os cordóns dos zapatos“, exemplifica un destacado investigador galego do eido das matemáticas. Os contrastes en varios dos indicadores da pandemia, tanto entre países como dentro das propias comunidades autónomas de España, poñen cada vez máis en cuestión as cifras que día a día actualizan, a diferentes ritmos, o Ministerio de Sanidad e as consellerías, xerando unha confusión, maior se cabe, no marco do impacto desta crise na sociedade.

Un dos exemplos pode verse en dúas das cifras que máis preocupan á poboación: a taxa bruta de mortalidade que causa a enfermidade e a porcentaxe de casos confirmados polas autoridades que están sendo tratados na UCI. Tendo en conta as cifras que ofreceu este luns o Ministerio de Sanidad (e que varían, segundo se teñan en conta estes ou os que achega a Xunta e outros gobernos autonómicos), os contrastes entre cada rexión son demasiado grandes, como se pode ver aquí:

“Non é tanto que se estea facendo mellor ou peor, como que cada zona se atopa nunha fase distinta do abrocho, e se están seguindo diferentes políticas e criterios que, por tanto, ofrecen resultados distintos”, explica outro dos investigadores consultados por GCiencia que prefire manterse no anonimato. “Se as pautas para tomar mostraxes a posibles casos ou o seguimento de contactos con casos confirmados se realiza de forma heteroxénea, os datos van mudar”, engade esta mesma fonte.

E así o recoñecen os propios representantes políticos nas súas comparecencias. Desde hai días, as comunidades máis afectadas non están a realizar probas ás persoas con síntomas leves. Fernando Simón, director do Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias, recoñeceu este martes que non hai estes datos dende hai varias datas atrás e que o Ministerio de Sanidad está a preparar un operativo para retomalas que aínda se demorará varios días.

Só en Madrid, hai 20.270 casos confirmados (ou canto menos sospeitosos con síntomas pero sen proba) que reciben seguemento telefónico

O anuncio coincide coa declaración feita este luns pola Organización Mundial da Saúde (OMS), que urxiu aos países a realizar probas a todos os casos leves. “Test, test, test”, repetiu tres veces o portavoz do organismo, salientando que é o único xeito de poder medir a epidemia, controlar os casos e illalos para que non sigan propagando a enfermidade.

Unha investigación recente da revista Science calculou que a propagación do coronavirus en Wuhan tivo a súa orixe, sobre todo, nos casos non detectados. “É algo que probablemente sucedeu en Italia e moi posiblemente tamén nalgúns lugares de España“, recoñeceu Simón este martes na súa comparecencia diaria sobre a crise. En Portugal, xa están contando posibles casos ocultos de coronavirus dende o 1 de xaneiro.

Portugal sospeita de posibles casos de coronavirus desde xaneiro

Actualmente, a confusión de datos por países -e tamén por rexións- é tan grande que a OMS considera que as únicas cifras que poden dar unha idea da realidade é o que está a pasar nos hospitais: ingresos, persoas en coidados intensivos e falecementos. E como se ve, nin sequera neste indicador hai cifras homoxéneas dentro de España.

O Ministerio de Sanidade deu este martes a cifra de 11.718 contaxiados en España. Pero só en Madrid, hai 20.270 casos confirmados (ou canto menos sospeitosos con síntomas pero sen proba) que reciben seguemento telefónico. Ao que habería que engadir o feito dos infectados non sintomáticos. O virólogo Adolfo García-Sastre, do hospital Monte Sinaí de Nova York, calculaba en entrevista con RTVE que “como mínimo, o número de infectados debe ser dez veces máis que as cifras oficiais: hai que multiplicalas por dez“.

Este ‘salto’ nos datos xa se puido constatar en China co cambio de criterio para confirmar casos positivos a mediados de febreiro, como se pode ver baixo estas liñas.

Deste xeito, non é descartable en Galicia e España que, se tal e como anunciou o Goberno este martes, se incrementa o número de probas, o número de persoas afectadas segundo o contador ‘oficial’ se dispare en moi pouco tempo. “Isto non quere dicir necesariamente que de súpeto a situación empeorara”, explican os mesmos expertos consultados por GCiencia. “Coas medidas actuais de confinamento, reducindo ao máximo o contacto persoal con outras persoas e, por tanto, as posibilidades de contaxio, podemos conseguir que as persoas con síntomas leves (aínda que sexan un número maior) non afecten a eses grupos vulnerables e, por tanto, non chegar a unha situación crítica no sistema sanitario”. Con todo, é unha interpretación suxeita á evolución do que se vaia vendo, e tamén dun maior coñecemento do propio virus e as súas características.


Máis info:

Que facer se na casa temos unha persoa afectada?

Sanidade ofrece un autotest con recomendacións sobre o coronavirus

2 COMENTÁRIOS

  1. Nada es fiable…los test están muy limitados a solo casos que presenten cuadros muy detallados y sobrepasados de los síntomas que se han asociado a este virus. Hay un montón de gente a la que dun testear recomiendan quedar en casa por precaución y si los síntomas se agudizan han de volver a llamar. Trabajo en una UCI y algunos internamente o simplemente gracias a las noticias internacionales sabemos que no disponemos a dia de hoy en muchos hospitales del país de los suficientes equipos de protección. El colapso y necesidad es global. Aún así, la mayoria, conscientes de fácilmente poder ser contagiados se desviven por los demás y por relentizar la evolución a la espera de que algún iluminado descubra una trampa para relantizarlo ,ganarle la batalla o la esperada elaboración de una vacuna antes de que sufra más mutaciones y así poder volver al orden y tejido socioeconómico del que venimos. A día de hoy el caos es predecible e inminente. Pero para dónde tiramos? Merece la pena ser dominados por los económicamente más afortunados?….o sería más lógico aceptar el castigo y apostar nuevamente por el campo y nuevas propuestas psicosociales que hasta ahora solo hemos infravalorado como quimeras?

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Gripe H5N1: a próxima pandemia?

Unha variante do virus, presente dende 2020, está a causar mortalidades nunca vistas en aves, tanto domésticas como silvestres

Catarreira, friaxe, peleira… As 12 palabras galegas para referirse ao arrefriado

O proxecto ALGa do Instituto da Lingua Galega permite coñecer as variantes léxicas deste estado patolóxico

Detectado o virus de Crimea-Congo en carrachas do Bierzo: “Probablemente xa estea en Galicia”

Os expertos advirten que a enfermidade hemorráxica parece estar propagándose polo noroeste peninsular e urxen medidas para freala

O festival científico CinVigo encheu a Porta do Sol de ciencia e ilusión

Participaron máis de 220 alumnos de Secundaria, Bacharelato e FP que presentaron 58 proxectos na feira celebrada na cidade olívica