O xenoma do SARS-CoV2 demostra que non puido crearse nun laboratorio

A revista "Nature Medicine" publica unha análise na que se constata que a orixe do virus é natural, e non puido sintetizarse

A medida que o virus SARS-CoV-2 se propagaba, estendéronse tamén os boatos e as teorías da conspiración sobre as mans ocultas detrás da pandemia, a pesar dos centos de traballos de investigación científica que están procurando solucións contra a doenza Covid-19. Unha delas, unha carta publicada este martes na revista Nature Medicine, explica como os datos do xenoma deste coronavirus non se poden sintetizar no laboratorio, e por tanto non se trata dun virus modificado. Foi un traballo realizado a unha velocidade estratosférica, e mesmo retransmitido a través de Twitter.

O artigo revisa o que se pode deducir sobre a orixe do SARS-CoV-2 a partir dos datos comparativos do xenoma do coronavirus, e demostra que a súa orixe é natural. As características descritas na investigación poden explicar en parte a capacidade infecciosa do SARS-CoV-2 e a súa transmisibilidade ós humanos. Aínda que a ciencia demostra que non é un virus manipulado a propósito, actualmente é imposible demostrar as teorías sobre a súa orixe.

Publicidade

Ao comezo do abrocho, os xenomas de diferentes pacientes eran idénticos. Iso suxeriu que o virus se transmitira aos humanos só unha vez, pero os datos da comparación dos xenomas indican que o xenoma do SARS-CoV-2 comezou a cambiar. Durante a lonxitude do seu xenoma de 30.000 pares de bases, SARS-CoV-2 acumula unha media de aproximadamente de unha a dúas mutacións ao mes, segundo Andrew Rambaut, un biólogo experto en evolución molecular da Universidade de Edimburgo.

O artigo revisa o que se pode deducir sobre a orixe do SARS-CoV-2 a partir dos datos comparativos do xenoma do coronavirus

Os morcegos, en particular, os morcegos ferradura foron estudados de cerca porque se consideran o hóspede natural dos coronavirus. Os virus dos morcegos son moi semellantes ao novo coronavirus. Comprender polo miúdo como un virus animal saltou os límites das especies para infectar aos humanos axudará na prevención de futuros eventos zoonóticos. 

Segundo apuntan os investigadores, a identificación dun hóspede intermedio potencial de SARS-CoV-2, así como a secuenciación do virus en estados iniciais da infección, sería de gran axuda. Tamén sería útil obter máis datos xenéticos e funcionais en animais sobre os efectos do SARS-CoV-2. Independentemente dos mecanismos exactos polos que se orixinou o virus mediante selección natural, é de máxima importancia a vixilancia continua da pneumonía en humanos e outros animais. Ademais, identificar os parentes virais máis próximos de SARS-CoV-2 que circulan en animais axudará enormemente aos estudos da función viral. Por exemplo, se o SARS-CoV-2 pódese preadaptar noutra especie animal, existe o risco de eventos futuros de reemerxencia e co-infección.

Noutro estudo publicado en Nature no 2018, fálase da importancia de identificar a diversidade e distribución dos coronavirus nos morcegos para evitar futuros brotes que puideran poñer en perigo aos seres humanos. Este traballo describía como o coronavirus do síndrome da diarrea aguda porcina (SADS-CoV) tiña a súa orixe nun morcego que parece que non infectaba as persoas, a diferenza do que fai o novo da COVID-19. Foi atopado na provincia de Guangdong en China, e ocasionou a morte de máis de 25 mil leitóns entre os anos 2016 e 2017. Analizáronse as mostras de sangre de 35 granxeiros que estiveran en contacto cos porcos infectados e non se atopou ningún resto do virus SADS-CoV. Polo tanto este tipo de coronavirus procedente dos morcegos, non infectou ós humanos.

Continuar coa investigación científica poderá afinar a evidencia para favorecer unha hipótese sobre outra acerca da orixe do novo coronavirus que causa a COVID-10. Ademais, obter as secuencias virais relacionadas de orixe animal sería o xeito máis definitivo de revelar as orixes virais.


Referencia: The proximal origin of SARS-CoV-2 (Publicado en Nature Medicine).

5 COMENTÁRIOS

  1. Pues yo no me lo creo y ya esta,vienen hablando de esta pandemia desde hace mas o menos dos años así que que casualidad no de repente aparece,digan lo que digan ya hace mucho tiempo que la humanidad no les cree

  2. E podedes confirmar ou descartar a hipótese de que puido ser un militar ianqui quen o contaxiara nas supostas olimpiadas militares celebradas en Wuhan?

  3. Non me queda claro que sexa manipulado ou non, quedan moitos interrogantes e resultan máis verosímiles as teorías de conspiración que calquera outra cousa. As expresións “Foi un traballo realizado a unha velocidade estratosférica” ou “actualmente é imposible demostrar as teorías sobre a súa orixe”, deixan sitio para as especulacións. Acaso non se pode pagar a un laboratorio para que saque os resultados que interesan? Non sería a primeira vez nin será a última. Como resulta que vivimos nunha sociedade que ten a honradez como norma…
    Porqué despois de levar millóns de anos connosco é agora cando nos transmiten os morcegos este virus?
    Sen sabelo con seguridade, non nos decatamos que botarlle a culpa a eles vai a promover o rexeitamento ós morcegos e ata quiroptofobia?
    Algún día se saberá a verdade, malo será.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Luis Enjuanes, virólogo: “Hai que estar moi alerta, a polio está emerxendo polas guerras”

O experto en coronavirus participa no Congreso Nacional de Viroloxía que se está a celebrar esta semana en Santiago

Máis alá do mpox: as cinco emerxencias sanitarias do século XX que viviu Galicia

A sociedade leva miles de anos enfrontándose aos microorganismos e ás enfermidades infecciosas como a varíola ou a poliomielite

Tes covid, alerxia ou catarro? Estas son as diferenzas

A inmunóloga e catedrática da UVigo África González sinala as diferenzas e similitudes dos síntomas que provocan as tres enfermidades

Gripe H5N1: a próxima pandemia?

Unha variante do virus, presente dende 2020, está a causar mortalidades nunca vistas en aves, tanto domésticas como silvestres