Un novo fármaco reduce os síntomas previos a xaquecas como sensibilidade á luz ou mareos

O medicamento, en fase de probas, amosouse efectivo para combater o malestar que precede a un forte ataque de dor de cabeza

As xaquecas, as fortes dores de cabeza que teñen como nome científico migrañas que padecen un 12% da poboación española (sobre todo mulleres en idade fértil, acostuman a estar precedidas duns síntomas claros: extrema sensibilidade á luz, mareos, dor de pescozo ou unha nebulosa cerebral. Un novo fármaco vén de amosarse efectivo para reducir non só as fortes cefaleas, senón tamén o malestar que precede o ataque.

Este novo medicamento, bautizado como ubrogepant e que pertence á familia dos xepantes, atópase en fase III de ensaio clínico con resultados positivos que veñen de ser publicados en Nature Medicine. As conclusións dos investigadores feitas logo de probalo con centos de pacientes apuntan á posibilidade de que este fármaco sexa o primeiro tratamento agudo para os síntomas previos á xaqueca, unha doenza que continúa a ser pouco estudada a pesar de afectar a un 15% da poboación mundial.

Publicidade

As xaquecas constan de tres ou catro fases, que poden prolongarse por varios días, mesmo pasar da semana. A primeira, unha previa na que o doente sofre sensibilidade á luz e ao barullo, náuseas, dor no pescozo e unha especie de nebulosa mental. A segunda fase consiste na desfiguración de imaxes con momentos de luces cegadoras e puntos cegos; e a terceira é o ataque de dor de cabeza. A cuarta e última é a resaca, que leva ao doente a padecer unha intensa fatiga corporal e mental.

Até o de agora, os tratamentos para as persoas que sofren estas doenzas estiveron centradas en combater as fortes dores de cabeza. De forma recente, comezouse a comercializar nos Estados Unidos un medicamento para a fase de resaca que, de novo, estaba enfocado a aliviar a cefalea no canto de tratar os síntomas que deixa no corpo o momento crítico do ataque de xaqueca.

Publicidade

Non prevén, pero alivia

O fármaco desenvolvido polo Kings College de Londres baixo o liderado do neurólogo Peter Goadsby non prevén os ataques, pero contribúe a reducir a dor grazas a que bloquea a CGRP, un péptido asociado ás xaquecas. Así o apuntan os tests feitos en 438 pacientes con idades de entre 18 e 75 anos. Todos eles tiñan, cando menos, un ano de episodios de fortes cefaleas e foron divididos en grupos para probar o fármaco en distintas fases, alternando placebo ca administración de ubrogepant.

As probas revelaron que os pacientes que tomaban o novo fármaco vían reducidos os síntomas de forma significativa en comparativa cos que recibían o placebo. Unha hora despois de tomar ubrogepant, a néboa mental minora. Despois de dúas horas, baixa a sensibilidade á luz. Ás tres, faino a dor de pescozo. Despois faino a sensibilidade aos sons e os mareos.

Os resultados do estudo suxiren que os receptores antagonistas do CGRP poden sen efectivos para tratar os síntomas previos ás xaquecas. “En termos xerais, os resultados do ensaio clínico apoian os estudos de imaxe que identificaron os sitios do sistema nervioso central como o lugar de inicio dun ataque de xaqueca”, sinalan os investigadores. Unha vez probado na fase previa, os efectos de ubrogepant poderían ser analizados tamén nas seguintes fases da xaqueca.

Os xepantes

Segundo explica en Science Media Centre o especialista Charly Gaul, especialista en Neuroloxía, Terapia especialista da dor e Medicina intensiva neurolóxica do Centro de Cefaleas de Frankfurt; os xepantes son fármacos orais que bloquean ao receptor do CGRP, un péptido vinculado ao xene da calcitonina. A primeira xeración investigouse hai 15, pero non foi autorizada nin introducida polos niveis elevados de encimas nun pequeno número de participantes no estudo.

“Nestes momentos non sabemos se hai plans para lanzar o ubrogepant en Europa. Agárdase que poidan lograrse efectos similares co rimegepant, que estará dispoñible en breve, e co atogepant, que na actualidade se está a investigar como medicamento agudo para os ataques de xaqueca”, sinala Gaul, que ve pouco probable que se introduza en Europa o ubrogepant se reciben o visto e prace para a súa comercialización os outros dous.


Referencia: Ubrogepant for the treatment of migraine prodromal symptoms: an exploratory analysis from the randomized phase 3 PRODROME trial (Publicado en Nature Medicine).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Unha nova ferramenta de IA analiza a microbiota da poboación galega para anticipar enfermidades

Dous investigadores do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur crean un novo índice para identificar zonas de actuación prioritaria e apoiar a toma de decisións sanitarias

A Xunta activa o protocolo de actuación ante a posible chegada de po africano

As autoridades sanitarias recomendan reducir a actividade física no exterior e extremar as precaucións entre a poboación vulnerable

Graziella Almendral, presidenta dos xornalistas sanitarios en España: “A desinformación está gañando”

A farmacéutica Zendal organizou unha xornada no Porriño co gallo da Semana Mundial da Inmunización na que participou a profesional da información

Galicia abre a porta a fármacos máis seguros que se activan con luz grazas a unha tecnoloxía pioneira

A investigación do CiQUS, destacada nun editorial pola revista ‘Nature Synthesis’, presenta unha estratexia que reduce os efectos secundarios mediante activación localizada