Nace san un bebé en Vigo dunha nai con positivo por coronavirus

O nacemento no Hospital Álvaro Cunqueiro é un fito mundial porque axuda a reforzar a idea de que non hai transmisión de nai a bebé

O Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo acolleu o primeiro nacemento dun bebé san dunha nai que dera positivo en coronavirus. A muller que deu a luz atópase estable, segundo fontes sanitarias.

En cambio, o bebé está ingresado na UCI de neonatos deste hospital vigués porque o peso era por baixo do establecido, xa que naceu na semana 35 de xestación. Os sanitarios confirmaron que o bebé deu negativo en Covid-19.

Publicidade

A nova rexistrada en Galicia é un fito importante dentro da pandemia do SARS-COV-2, xa que confirma as primeiras investigacións que apuntan a que este coronavirus non se transmite de nais a fillso durante a xestación. Ata o de agora, todos os estudos confirmaron que non se produce un paso do coronavirus ao feto, malia que a breve experiencia clínica cun patóxeno detectado hai menos dun ano impide ter certezas absolutas sobre este tema.

O estudo máis claro sobre un caso práctico foi  publicado recentemente na revista Frontiers in Pedriatics. Catro bebés nados nun hospital de Wuhan, o epicentro do brote de coronavirus SARS-Cov-2, non amosaron signos de infección e seguen sans hoxe en día, segundo unha investigación de pediatras chineses. Con todo, sinalan que se necesitan máis estudos.

Publicidade

O traballo é o segundo que se realiza en China no último mes que confirma que as nais infectadas coa enfermidade coronavirus –coñecido como COVID-19– durante o embarazo non infectaron aos seus bebés.

Aquí podes ler o estudo en Frontiers in Pediatrics

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Detrás do ‘biotech’ galego

Unha xornalista de GCiencia viaxa a Bilbao con motivo de BioSpain 2026. Por Andrea Veiga

Así é ImageDataSpace, a rede galega de imaxes médicas para acelerar a investigación e o diagnóstico

A iniciativa conecta centros, universidades e profesionais sanitarios para desenvolver novos algoritmos baseados en IA en cardioloxía, anatomía patolóxica e oftalmoloxía

Galicia presenta no Parlamento Europeo unha ferramenta pioneira para avaliar o uso do galego na IA

O Proxecto Nós, impulsado pola USC, amosa os resultados iniciais de “Arena Nós”, que analiza como os grandes modelos comprenden, xeran e representan a lingua

Unha nova investigación identifica os xenes asociados a defectos de pigmentación en rodaballos de cultivo

Un equipo do IIM-CSIC revela unha importante base xenética tras as anomalías e abre novas vías para a mellora dos programas de selección en acuicultura