Biólogos de Galicia ofrecen voluntarios para as probas do coronavirus

O colexio oficial prepara unha listaxe de profesionais que conten con equipos para poñer a disposición da Consellería de Sanidade e incrementar as probas

Os biólogos de Galicia dan un paso á fronte ante a pandemia de coronavirus. O Colexio Oficial de Biólogos de Galicia está a elaborar unha listaxe de voluntarios expertos na técnica da PCR (‘Reacción en cadea da polimerese’, polas súas siglas en inglés). Este é o sistema empregado para detectar os positivos por coronavirus SARS-Cov-2. E estes profesionais queren achegar a súa experiencia e equipos para que se poidan facer máis probas, de xeito que ofrecerán a listaxe a Consellería de Sanidade.

“Ante a situación creada pola epidemia causada polo coronavirus COVID-19, os Colexios de Biólogos estamos tomando a iniciativa de ofrecer ás Consellerías de Sanidade un listado con biólogos/as colexiados/as expertos en PCR-RT que estean dispostos, voluntariamente, a cubrir as necesidades extraordinarias do servizo que a Administracion sanitaria galega puidera ter”, explica o colexio nun comunicado asinado polo seu presidente, Jose Pelayo Míguez Baños.

Publicidade

A data límite para presentarse voluntario son as 12.00 horas deste mércores 18 de marzo, para o que é preciso enviar un correo electrónico a info@biologosdegalicia.org, incluíndo nome e número de colexiado, ademais de indicar se se dispón de equipos para facer as probas.

A xente nova tamén se contaxia, e por iso fan falta máis probas

A reacción en cadea da polimerase (PCR, do inglés polymerase chain reaction), é unha técnica de bioloxía molecular que permite obter un gran número de copias dun fragmento de ADN particular, partindo dunha cantidade mínima. Deste xeito, amplifícase o fragmento de ADN ao ser replicado pola encima polimerase, o que facilita que se poidan identificar virus ou bacterias causantes dunha efermidade. A técnica tamén se emprega para identificar persoas polo seu ADN, tamén en medicina forense con cadáveres.

Publicidade

Os equipos para realizar PCR están presentes nos hospitais galegos, pero tamén en laboratorios das tres universidades, ou centros específicos de investigación como o CACTI ou o CINBIO, en Vigo. Para estas probas específicas do coronavirus, precisarían uns kits e uns ‘primers’ (cebadores) tamén específicos.

A intención do Colexio de Biólogos de Galicia é poñer estes profesionais voluntariamente ao servizo público, se así o considera a Consellería de Sanidade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

As Rías Baixas gardan a maior pegada toponímica da antiga presenza de focas en Galicia

Un estudo identifica 43 talasónimos asociados a estes animais mariños e reconstrúe a súa distribución histórica, con especial concentración na ría de Arousa

O mar acada os 22 graos en Galicia: as claves dun quecemento inusual para maio

Os sistemas de observación detectan valores moi superiores á media habitual para maio, provocados pola acumulación de calor asociada a episodios persistentes

Documentado por primeira vez un gorgoncéfalo vivo en augas galegas

Investigadores do IEO localizan un exemplar xuvenil na Ría de Arousa, o que amplía o límite norte coñecido da especie

Como funciona a amizade entre arroaces? Así é como as bateas moldean a súa vida social nas Rías Baixas

O biólogo galego Bruno Díaz revela que as preferencias alimentarias condicionan a formación de vínculos entre cetáceos