O 75% dos positivos de coronavirus SARS-CoV-2 en Galicia, nos seus domicilios

Os datos desde xoves elevan a 444 as persoas afectadas pola doenza, con cen novos casos e outra persoa falecida na Coruña

NOTA: Estes datos son os oficiais transmitidos pola Xunta, o Goberno e outras CCAA.

Á espera de que o maior esforzo das autoridades sanitarias na realización de probas xere un aumento de casos confirmados polo coronavirus SARS-CoV-2, a Xunta de Galicia, o Ministerio de Sanidad e o resto das comunidades autónomas difundiron este xoves unha nova actualización das cifras respecto das persoas afectadas. Así, segundo a información difundida pola consellería de Sanidade, coa “última actualización” son 444 as persoas.

Publicidade

En todo caso, a novidade respecto ás anteriores novas é o falecemento doutra persoa afectada polo coronavirus SARS-CoV-2 en Galicia, a quinta desde que comezou a crise. Trátase dun home de 75 anos que estaba ingresado na UCI da Coruña e que “padecía varias patoloxías previas”. Sanidade lembra tamén que ata o momento se produciron  catro altas.

Os datos do coronavirus, en corentena

Destas persoas, tres cuartas partes (330) están no seu domicilio. 15 delas permanecen na UCI e 99 están en unidades de hospitalización. A Xunta difundiu o mércores a última cifra da  cantidade de probas PCR realizadas: 2.614.

Publicidade

Tendo en conta as cifras achegadas pola consellería de Sanidade, 136 son da área sanitaria da Coruña-Cee, 36 da de Lugo-A Mariña-Monforte, 46 da de Ourense-Verín-O Barco de Valdeorras, 59 están na de Pontevedra-O Salnés, 84 na área de Vigo, 68 na de Santiago-Barbanza, e 15 na de Ferrol. Así se distribúen no mapa (tendo en conta que existen casos confirmados non só nas sete cidades, senón tamén noutros concellos de Galicia).

En España, con todas as reservas arredor da situación en lugares como Madrid (onde xa se seguen desde o domicilio a miles de posibles casos), as cifras achegadas polo Ministerio de Sanidad falan de máis de 17.000 positivos confirmados. Con todo, unha das cifras positivas no medio da crise foi o incremento de persoas curadas en Madrid, con preto de 1.000.

En Portugal, esta é a situación por rexións, tal e como amosa a Direção Geral da Saúde Pública:

 

Fonte: Direção Geral da Saúde Pública.
Fonte: Direção Geral da Saúde Pública.

E así está a situación no resto do planeta, segundo os datos que facilita a plataforma Datawrapper:

No marco das recomendacións  que ven difundido a Consellería de Sanidade nos últimos días, insístese no uso do número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número gratuíto do 900 400 116 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus SARS-CoV-2. Ademais, está a disposición da cidadanía un portal web con información a diversos colectivos, así como un autotest.


Máis info:

O xenoma do SARS-CoV2 demostra que non puido crearse nun laboratorio

Que facer se na casa temos unha persoa afectada?

 

2 COMENTÁRIOS

  1. Acabo de lelo noutro artigo voso.
    Sars…seria o virus e covid 19 a enfermidade.
    Graciñas e noraboa.

  2. Covid 19 e SARS-CoV 2…son sinónimos?
    A que vén esta denominación cando a máis espallada é Covid 19? Acaso é incorrecta?.
    Saúdos e a coidarse.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Unha igrexa e un curtidoiro elevan a 93 os bens galegos na Lista Vermella

A Coruña concentra o maior número de monumentos en risco, con 34, seguida de Lugo, Pontevedra e Ourense

Percepción do piropo entre a mocidade galega: só o 25% dos rapaces se sente mal cando o emite

Unha tese doutoral investiga a obxectivización do corpo das muller a través desta antiga práctica en 232 adolescentes de Pontevedra e Ourense

Do cambio climático aos patóxenos: as claves do acusado declive da zamburiña en Galicia

Un grupo do IIM-CSIC inicia unha investigación no único banco natural explotable en Galicia que apunta unha combinación de múltiples factores

▪️ Galicia rexistrou a primavera máis seca dende 1990

O último informe de Meteogalicia indica que nos meses de marzo, abril e maio houbo un 46% menos de precipitacións do habitual para o período