Mar

Homenaxe a Carmela Porteiro no Consello da Cultura Galega

Unha xornada que terá lugar o xoves 24 de outubro en Santiago abordará o papel feminino na investigación mariña en Galicia

Unha balea azul de 130 anos en Santiago de Compostela

O Museo de Historia Natural recupera para a súa colección zoolóxica un enorme esqueleto que en 1878 foi recollido por un barco na ría de Vigo

Unha rede de boias entre Ribadeo e A Guarda mellorará a predición océano-meteorolóxica

O proxecto Infor-mar, impulsado por varios socios galegos, busca unha predición moito máis fiable da que actualmente se dispón

Alba Aguión, unha galega na Antártida polo futuro do planeta

A investigadora da Universidade de Vigo participa no programa Homeward Bound e busca financiamento para a viaxe que fará en novembro de 2020

Recollen máis de 6.000 quilos de lixo baixo as augas da Coruña

Un cento de persoas, entre os que estaban 80 mergulladores, participaron na actividade, enmarcada na sexta edición do Festival Mar de Mares

Así son as mandíbulas e os dentes desta coñecida criatura mariña

Un novo estudo analiza como conseguen os ourizos de mar manter os seus dentes sempre afiados

Un estudo revela microplásticos nos mexillóns de rocha da ría de Vigo

O Instituto Español de Oceanografía amosa a presenza das micropartículas nestes organismos filtradores

Os biólogos galegos, o IEO e o Parque Nacional únense para limpar o lixo de Ons

Equipos de espeleólogos e submarinistas colaboran en dúas xornadas de limpeza nas zonas de máis difícil acceso do arquipélago

Unha galega constata diferenzas xenéticas a pequena escala nun caracol mariño

Iria Fernández Silva, da UVigo, asina un traballo sobre unha especie asociada a arrecifes de coral no arquipélago de Palau, no Pacífico

Zarpa o Ángeles Alvariño na maior campaña para estudar a xouba

O buque do Instituto Español de Oceanografía en Vigo participa nun estudo para analizar o futuro da sardiña na costa galega e portuguesa

O ataque caníbal dun polbo, publicado por científicos galegos

Os investigadores do Instituto de Investigacións Mariñas de VIgo (CSIC) Jorge Hernández Urcera, Ángel Guerra e Manuel E. Garci firman o traballo

Gravan en Galicia tres rorcuais comúns, a segunda balea máis grande

Investigadores do Botlenose Dolphin Research Institute, con sede no Grove, captan imaxes destes cetáceos na costa galega

Novo fito científico en Galicia: conseguen a reprodución de polbos de piscifactoría

Investigadores do Oceanográfico de Vigo e Pescanova conseguen que os polbos criados en catividade teñan descendencia

A balea azul está de volta en Galicia: un exemplar de 22 metros preto das Cíes

O instituto BDRI do Grove localizou este xoves unha "Balaenoptera musculus" acompañada por un rorcual común a unhas millas do arquipélago

Atopan en augas de Sanxenxo un exótico sapo lusitánico

Un pesqueiro captura este exemplar que ten o seu hábitat principal na costa africana en augas fronte ao río Gambia

Os produtos de limpeza das bateas afectan ao organismo dos mexillóns

O investigador Vladimir Dobal expón nunha tese que estes compostos inducen alteracións nos sistemas respiratorio, dixestivo e reprodutor