Gravan en Galicia tres rorcuais comúns, a segunda balea máis grande

Investigadores do Botlenose Dolphin Research Institute, con sede no Grove, captan imaxes destes cetáceos na costa galega

O segundo animal máis grande do planeta nada por augas de Galicia, fronte á costa do Grove. O Bottlenose Dolphin Research Institute (BDRI) conseguiu gravar tres rorcuais comúns (Balaenoptera physalus) nunha recente saída de observación.

Coñecida como rorcual común, estas baleas son as segundas máis grandes, só por detrás da azul, que xa foi avistada en Galicia nos últimos anos. Os exemplares desta especie poden medir ata 40 metros e poden chegar a pesar unhas 27 toneladas.

Publicidade

O Bottlenose Dolphin Research Institute (BDRI), con sede no Grove, está dedicado á investigación do medio mariño e ao estudo de golfiños, baleas e aves mariñas.

O director do BDRI, Bruno Díaz, explicou que “estes animais, sen ningunha dúbida, non se adoitan achegar tanto ás nosas costas. É excepcional o feito de que estamos a mostrar a presenza destes grandes animais tan descoñecidos e fascinantes. Galicia sempre foi unha rexión baleeira, ata o ano 1985 cazábanse”.

Publicidade

“O que non é normal é que vaia un grupo de baleas, é pouco común observalas en grupos, son animais solitarios. Neste caso o que foi moi interesante é que eran tres animais que mesmo se relacionaban entre eles”, aclarou o director.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un proxecto galego analiza dous séculos de presenza humana na Antártida a través de obxectos

A investigación está liderada pola arqueóloga María Ximena Senatore e conta cunha Advanced Grant pola que recibirá case dous millóns e medio de euros durante cinco anos

A nigranesa Alén Space lanza con éxito cinco satélites para a misión Draconis de Sateliot

A nova xeración ampliará a capacidade da rede IoT #5G NTN de Sateliot e aumentará a frecuencia de conexión en zonas sen cobertura móbil terrestre

Un mapa interactivo amosa os camiños marítimos máis transitados das augas galegas

MarineTraffic é unha plataforma en liña que emprega tecnoloxía de identificación automática para sinalar a ubicación dos barcos en tempo real

Arden máis os espazos protexidos? Cando os datos non xustifican o relato

Os estudos dispoñibles non demostran que a protección aumente o risco de incendio nin que unha maior intervención sobre a vexetación sexa a resposta