Atopan en augas de Sanxenxo un exótico sapo lusitánico

Un pesqueiro captura este exemplar que ten o seu hábitat principal na costa africana en augas fronte ao río Gambia

Outra especie exótica que remata en augas de Galicia. Desta volta, os mariñeiros do buque Nuevo Vendaval foron os sorprendidos a pasada semana en augas de Sanxenxo cun raro exemplar de peixe que non coñecían. Tras consultar coa Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA), que xa os axudara cando recuperaron un tiburón peregrino , obtiveron a resposta ás súas dúbidas. Tratábase, efectivamente, dun animal que non tiña que estar na ría de Pontevedra: un sapo lusitánico.

O sapo lusitánico capturado polo patrón Carlos Montes, autor da foto.

Co seu nome científico de Halobratrachus didactylus, o sapo lusitánico ten o seu hábitat preferente nas augas do golfo de Guinea e a desembocadura do río Gambia, pero nos últimos anos aparece en zonas máis septentrionais.

Publicidade

Esta é a segunda vez na que se atopa en Galicia esta especie, despois de que fora capturada o ano pasado en augas da ría de Vigo. O sapo lusitánico xa se ten atopado en Portugal, normalmente nas augas do sur do país e semella que comeza a desprazarse cara ao norte, como amosa o feito de que xa apareza nas rías galegas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

As candorcas volven ás costas galegas: rexístrase un avistamento nas Rías Baixas

A CEMMA confirma que os cetáceos xa se atopan de camiño ao norte de Galicia e agardan a chegada doutros dous grupo que veñen dende Portugal

A historia das tartarugas que chegaron a Galicia tras o tren de borrascas e agora regresan ao mar

A Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños liberará a 'Tanxil' e 'Noetiña' fronte á ría de Vigo na embarcación 'Novo ollo do mar'

‘Mozarrón’ e ‘Pega’, as tartarugas que regresan ao mar tras chegar desnutridas ás costas galegas

A CEMMA devolve ao océano dous espécimes de 'Caretta caretta' despois dunha rehabilitación en augas de 18 a 20 graos

▪️ Un estudo con participación galega atopa proteínas relacionadas co alzhéimer en cetáceos

A investigación determina que a proteína AT100 asociada a doenzas neurodexenerativas indica envellecemento natural e dano neuronal agudo