As candorcas volven ás costas galegas: rexístrase un avistamento nas Rías Baixas

A CEMMA confirma que os cetáceos xa se atopan de camiño ao norte de Galicia e agardan a chegada doutros dous grupo que veñen dende Portugal

A Asociación Orca Ibérica compartiu a través das súas redes sociais os últimos movementos das candorcas (Orcinus orca) que se atopan en augas nacionais. A Coordinadora para o Estudo de Mamíferos Mariños (CEMMA) confirma que hai un grupo destes cetáceos xa de camiño ao norte de Galicia: “Avisounos un barco mediante a aplicación GT Orcas dun avistamento fronte á Illa de Ons, a 26 millas da costa“, explica o presidente do CEMMA e membro do Grupo de Traballo Orca Atlántica Alfredo López.

López sinala que o motivo do desprazamento das candorcas é a alimentación: “Esperan o atún no Estreito e, unha vez que pasa por aí, elas ségueno, por iso chegan ás nosas costas”. Deste xeito, o atún vermello, que é a principal presa destes cetáceos, marca os seus movementos e dirixe os grupos entre o Estreito de Xibraltar e o Golfo de Biscaia.

Publicidade

O presidente da CEMMA conta que este grupo sería o segundo rexistrado na tempada actual: “Xa pasou un, e veñen outros dous pola costa portuguesa”. López admite que aínda é un pouco cedo para a chegada dos animais, pero indica que o seu ritmo vén marcado polo atún e, por iso, os seus desprazamentos non seguirán unha precisión milimétrica.

Que facer ante un avistamento

Alfredo López aclara como debe actuar unha embarcación no caso de avistar unha candorca ou un grupo das mesmas: “Debe rexistrar o caso, dar aviso e non achegarse para evitar as interaccións”. O presidente da CEMMA explica que o mellor curso de actuación é deter a embarcación: “Sabemos que a velocidade e o movemento propician a interacción. Ese comportamento [parar o barco] reduce os contactos con elas nun 60%, pero non nun 100%. Non hai unha solución máxica”, conclúe. Os cetáceos responden a estímulos, mais aínda non está claro cal é o motivo polo que se achegan ás embarcacións. Deste xeito, manter a distancia e eliminar o movemento son as dúas claves para facer que o encontro remate coa maior seguridade posible.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Inflamación e fibrose: así evoluciona a candorca Toñi tras sufrir disparos con perdigóns de chumbo

O exemplar presenta nove orificios de entrada no lado esquerdo da súa aleta e cinco de saída na parte contraria

Benvida ás candorcas

Hai dúas normas principais: non atacar e conservar a estes cetáceos son medidas fundamentais para mellorar a súa supervivencia. Por Andrea Veiga

As claves do regreso das candorcas: por que volven a avoa Toñi e a súa manda ás Rías Baixas?

O grupo, de entre oito e dez exemplares, regresa por terceiro ano consecutivo a Galicia seguindo o rastro do atún vermello e xeran interaccións coas embarcacións