Inflamación e fibrose: así evoluciona a candorca Toñi tras sufrir disparos con perdigóns de chumbo

O exemplar presenta nove orificios de entrada no lado esquerdo da súa aleta e cinco de saída na parte contraria

O Grupo de Traballo Orca Atlántica (GTOA) vén de compartir a través dunha publicación en Facebook unha análise das feridas que recibiu a candorca Toñi (Orcinus orca), a matriarca de 60 anos dun grupo destes cetáceos, como resultado de múltiples disparos de perdigóns que tiveron lugar hai unhas semanas nas augas do Atlántico. O Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico emitiu un comunicado no que declaraba que se aprecian “indicios de delito nos presuntos disparos dende un barco español en augas portuguesas“.

O exemplar presenta nove orificios de entrada no lado esquerdo da súa aleta e cinco de saída na parte contraria, polo que catro proxectís están aínda dentro do seu corpo. O GTOA indica a través da rede social que, como mínimo, un dos tres anteriores podería atoparse na musculatura dorsal. O grupo engade: “Un dos proxectís fragmentouse e provocou cinco orificios de saída, sen garantías de que outras pezas do mesmo quedaran no seu corpo”.

Publicidade

O GTOA advirte que a presenza destes materiais de chumbo no organismo do animal pode desencadear unha intoxicación crónica coñecida como ‘saturnismo‘. O Manual de Veterinaria MSD indica que esta condición se caracteriza por “alteracións neurolóxicas, trastornos gastrointestinais, anomalías hematolóxicas, inmunosupresión, infertilidade e enfermidade renal“. O GT Orca Atlántica prevé que as feridas evolucionen seguindo varias fases dunha resposta inmune que provoca inflamación crónica.

Fases unha, dúas e tres: o amago de destrución dos proxectís

Na fase inicial ten lugar unha adsorción (proceso no que moléculas dun gas ou líquido se adhiren á superficie dun sólido) proteica. “Ao introducirse o proxectil e quedar incrustado no corpo, a súa superficie cóbrese inmediatamente de proteínas plasmáticas, como albúmina ou fibrinóxeno”, explican dende o GTOA na publicación en redes sociais.

Publicidade

Esta primeira reacción do sistema inmune virá acompañada da infiltración de neutrófilos (glóbulos brancos), que chegan á lesión nas primeiras horas para intentar destruír o obxecto estraño (o chumbo) mediante encimas.

Cando os neutrófilos fracasan —debido á incapacidade de eliminar un material do tamaño dos proxectís—, substitúenos os macrófagos. “Son células grandes do sistema inmunitario con orixe na medula ósea, viaxan polo sangue e instálanse nos tecidos afectados”, sinala GTOA. Estas partículas tratan de absorber o material estraño; ao ser este demasiado grande, secrétanse citocinas, que son proteínas pequenas que axudan ás células do sistema inmunitario a comunicarse entre si.

Como conta GTOA na publicación en redes, a persistencia do estímulo (o chumbo) leva aos macrófagos a fusionarse entre si, o que dá orixe a células xigantes de corpo estraño (CGCE), que “son células enormes con múltiples núcleos que rodean a superficie do obxecto para intentar degradalo conxuntamente”, engade o grupo de traballo Orca Atlántica.

Cuarta fase, a encapsulación (fibrose)

“Os sinais químicos emitidos polos macrófagos atraen células do tecido conectivo, os fibroblastos, cara á lesión”, apunta a asociación GTOA. Estas partículas elaboran unha capa densa de coláxeno e tecido conectivo (que dá soporte, unión e protección a outros órganos e tecidos) en torno ao obxecto —os perdigóns de chumbo— coa fin de crear unha cápsula de cicatrización que illa os proxectís para evitar danos no organismo do animal.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Benvida ás candorcas

Hai dúas normas principais: non atacar e conservar a estes cetáceos son medidas fundamentais para mellorar a súa supervivencia. Por Andrea Veiga

As claves do regreso das candorcas: por que volven a avoa Toñi e a súa manda ás Rías Baixas?

O grupo, de entre oito e dez exemplares, regresa por terceiro ano consecutivo a Galicia seguindo o rastro do atún vermello e xeran interaccións coas embarcacións

As candorcas volven ás costas galegas: rexístrase un avistamento nas Rías Baixas

A CEMMA confirma que os cetáceos xa se atopan de camiño ao norte de Galicia e agardan a chegada doutros dous grupo que veñen dende Portugal

Fisterra, Arousa e a Costa da Morte: un mapa sinala os puntos quentes das interaccións con candorcas

O Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico indica que se produciu un aumento dos encontros en Galicia en contraste co sur de España