Un tiburón de tres metros morre nas redes dun barco en Sanxenxo

O tiburón peregrino é unha especie non demasiado común en Galicia e este exemplar pesaba máis de 200 kilos

Un tiburón peregrino de tres metros de lonxitude apareceu hoxe morto nas redes do pesqueiro Nuevo Vendaval. O exemplar, de case 200 kilos de peso, foi izado a bordo nas redes do barco cando foron recoller o aparello. Tras alertar ao 112 de Emerxencias, a tripulación do Nuevo Vendaval espera agora que se lle poda practicar a necropsia ao animal, para determinar se a causa da súa morte foi precisamente quedar enredado no aparello do pesqueiro ou tiña problemas previos.

O achado do tiburón Peregrino producíuse fronte á praia de Canelas, preto de Portonovo.

Publicidade

O tiburón peregrino non é unha especie común en Galicia, malia que se teñen localizado en numerosas ocasións. No ano 2015, o submarinista audiovisual Xaime Beiro tivo canda un grupo de compañeiros un inesperado encontro cun tiburón peregrino (Cetorhinus maximus) en augas galegas, en concreto, na costa de Louro, parroquia de Muros (A Coruña). O exemplar novo, de tan só uns 3 metros (pode chegar a 10-12m), foi gravado mentres se alimentaba filtrando plancton. Despois duns 20 minutos buceando preto del, o equipo deixou ó tiburón peregrino proseguir o seu camiño mar aberto.

Os avistamentos de tiburóns peregrinos non son moi comúns en Galicia, pero si se teñen rexistrado varias visitas desta especie nos últimos anos. Trátase dun dos tiburóns máis espectaculares e misteriosos de cantos existen. De feito, é o segundo peixe máis grande do océano, por detrás do tiburón balea (Rhincodon typus), que pode acadar os 21 metros de lonxitude. O Cetorhinus pode excepcionalmente superar os 12 metros e as 7 toneladas e móvese principalmente en augas frías entre os 6º e os 16º C nas franxas norte e sur do Atlántico e do Pacífico.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Algas galegas para unha agricultura máis resistente á seca e á calor

O proxecto BIO-MARTERRA abre unha nova vía para valorizar subprodutos da industria alimentaria e ofrecer alternativas naturais ao sector agrícola

Do lixo ao fertilizante: a segunda vida dos residuos orgánicos en Vigo

O contedor marrón, impulsado polo Concello e FCC Medio Ambiente, permite separar os restos para transformalos en compost

A nova edición dos premios Zendal consolídase cun 11% máis de canditaturas procedentes de 14 países

As propostas, un total de 189, son de universidades, centros de investigación e hospitais de referencia internacional

Documentadas novas anomalías de coloración en peixes mariños de Galicia e Andalucía

A investigación describe tres exemplares con alteracións pigmentarias e outros tres casos posibles observados na ría de Vigo