Os biólogos galegos, o IEO e o Parque Nacional únense para limpar o lixo de Ons

Equipos de espeleólogos e submarinistas colaboran en dúas xornadas de limpeza nas zonas de máis difícil acceso do arquipélago

O Colexio Oficial de Biólogos de Galicia, en colaboración co Parque Nacional Marítimo-Terrestre dás Illas Atlánticas de Galicia e o Centro Oceanográfico de Vigo, continúan cos labores de limpeza e sensibilización contra o lixo mariño na contorna do Parque Nacional, motivo polo cal organizan para as dúas últimas fins de semana deste mes de setembro senllas xornadas de limpeza que levarán a cabo nos lugares de máis difícil acceso do arquipélago de Ons.

Para o domingo 22 de setembro está prevista a primeira das intervencións, unha xornada que focalizará as súas actuacións en varias das furnas da illa de Ons, e na que participarán tanto membros do Espeleo Club Aradelas, como de SpainKayak e do Club de Kaiak Mar de Bueu.

Publicidade

O domingo 29 de setembro será a quenda dos submarinistas do Club de Mergullo Croa Foto-Sub, Centro de Mergullo Portosub e Club Subacuático Pérez Sub, que se mergullarán nos fondos do arquipélago para retirar todas e cantos lixos mariños se atopen durante as inmersións programadas.

Estas actuacións puntuais de limpeza na contorna do Parque Nacional súmanse a outro tipo de actuacións levadas a cabo pola organización das mesmas, como a recente estrea da curtametraxe “Ponlle Remedio” unha peza audiovisual que pretende concienciar á cidadanía para tratar de poñer freo no posible a este gran problema dos lixos mariños, e que en apenas un mes desde a súa estrea nas redes sociais e webs do Colexio de Biólogos e Parque Nacional, conta xa con máis de 30.000 reproducións.

Publicidade

Todas estas actividades intégranse dentro da liña de actuacións que desde principios de ano vén realizando a II Rede para a Recuperación dos Ecosistemas Mariños no Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, un importante proxecto de loita contra o lixo
mariño que conta coa colaboración da Fundación Biodiversidad, do Ministerio para a Transición Ecolóxica por medio do Programa Pleamar, cofinanciado polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP). Ademais, enmárcase no proxecto LIFE IP INTEMARES “Xestión integrada, innovadora e participativa da Rede Natura 2000 no medio mariño español”, que coordina o Ministerio, a través da Fundación Biodiversidade”.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Vigo rexistra as maiores concentracións de “contaminantes eternos” da costa atlántica peninsular

Un estudo do IEO-CSIC analiza a presenza de PFAS en mostras de moluscos recollidos dende Francia ata o Golfo de Cádiz

Un estudo alerta do declive de catro peixes migratorios en Galicia: “Ningunha das súas pesquerías é sostible”

Unha investigación recolle datos de 1997 a 2026 e certifica a drástica caída das poboacións de zamborca, lamprea, solla e anguía

Un programa pioneiro permitirá coñecer as avelaíñas do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia

A primeira mostraxe da Xunta en Cortegada rexistrou 127 exemplares de máis de 40 taxóns nunha soa noite

Documentado por primeira vez un gorgoncéfalo vivo en augas galegas

Investigadores do IEO localizan un exemplar xuvenil na Ría de Arousa, o que amplía o límite norte coñecido da especie