O Son das Ideas: a física en galego con curiosidade, lóxica e leria

A canle de divulgación aborda a través de vídeo e podcasts asuntos como a forza da gravidade, a probabilística ou a tecnoloxía láser

Hai unha velocidade límite para os corpos que caen empurrados pola forza da gravidade? Por que se dispara un láser á Lúa? É posible optimizar as nosas posibilidades nun xogo de azar? A estas preguntas (e a outras) intenta responder O Son das Ideas, un proxecto de divulgación científica en galego, que está dispoñible na rede a través dunha serie de podcasts e de vídeos en Youtube. Segundo expoñen os seus impulsores, é un recuncho onde se xuntan “curiosidade, lóxica e leria”.

Ata o de agora, contan con tres vídeos e cinco episodios en formato de audio nos que se abordan aspectos como a tecnoloxía láser, a cuántica, a intelixencia artificial, a natureza ondulatoria do son o o principio de causalidade. Podes escoitalos aquí mesmo:

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia presenta no Parlamento Europeo unha ferramenta pioneira para avaliar o uso do galego na IA

O Proxecto Nós, impulsado pola USC, amosa os resultados iniciais de “Arena Nós”, que analiza como os grandes modelos comprenden, xeran e representan a lingua

Como revivir a lingua

Estas son as estratexias das marcas para recuperar o galego, dende o derbi galego ata Inditex. Por Andrea Veiga

O novo acordo lingüístico permitirá impartir Matemáticas, Tecnoloxías e Física e Química en galego

Os centros educativos poderán decidir a repartición das materias na ESO, respectando o equilibrio do 50% entre os dous idiomas

Celta vs. Deportivo: dúas formas de reivindicar a lingua galega dende o fútbol

As estratexias de comunicación de ambos clubes buscan reforzar o vínculo coa afección e coa cultura do territorio a través do idioma