O ataque caníbal dun polbo, publicado por científicos galegos

Os investigadores do Instituto de Investigacións Mariñas de VIgo (CSIC) Jorge Hernández Urcera, Ángel Guerra e Manuel E. Garci firman o traballo

Un estudo realizado por científicos do Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo (CSIC) salienta o carácter caníbal dos polbos, un comportamento que xa fora gravado en augas das illas Cíes, na ría de Vigo, e agora nun novo vídeo en augas do Caribe.

O traballo, publicado este mes de agosto na revista Journal of Molluscan Studies, está firmado por Jorge Hernández Urcera, xunto a Ángel Guerra e a Manuel E. Garci, todos eles do IIM vigués. Leva por título “Ataque caníbal por Octopus vulgaris na natureza: comportamento de depredador e presa”.

Publicidade

O traballo salienta que o canibalismo está moi espallado entre os cefalópodos e que contribúe “á eficiencia reprodutiva e a supervivencia dun depredador, por exemplo na eliminación de competidores futuros, subministración inmediata de nutrición de alta calidade con proporcións óptimas de vitaminas, minerais e aminoácidos”.

O novo vídeo amosa un polbo nun ataque caníbal. Foi gravado por Shane Gross. Previamente, estes mesmos investigadores xa conseguiron imaxes de canibalismo entre polbos en liberdade en augas das illas Cíes, como se pode ver neste outro audiovisual:

Publicidade

Os científicos do Instituto de Investigacións Mariñas (IIM) de Vigo foron os primeiros no mundo en gravar o canibalismo do polbo en plena natureza. Aconteceu en augas das illas Cíes en tres ocasións: o 11 de decembro de 2012, o 13 de xullo de 2013 e o 26 de novembro do pasado ano. A análise das imaxes permitiu obter interesantes conclusións: “O canibalismo dáse entre polbos de diferente idade e tanto en machos como en femias, ademais os exemplares atacantes seguiron un patrón de comportamento común despois de realizar as súas capturas”, relataba tras este primeiro éxito Jorge Hérnandez Urcera, do Grupo de Ecoloxía e Biodiversidade Mariña (Ecobiomar) do IIM.

Urcera ten gañado diversos certames de vídeo de natureza submarina, ao igual que o investigador e realizador Manuel E. Garci.

Aquí tes acceso ao artigo recén publicado o 6 de agosto de 2019

Cannibalistic attack by Octopus vulgarisin the wild: behaviour of predator and prey

Jorge Hernández-Urcera, Miguel Cabanellas-Reboredo,Manuel E Garci, Jason Buchheim, Shane Gross, Angel Guerra,David Scheel
Journal of Molluscan Studies, eyz019,

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Nace unha app de ciencia cidadá para o seguimento da agresiva alga asiática presente en Galicia

A ferramenta deseñada polo CSIC busca mellorar o coñecemento dunha especie invasora que apareceu nas costas galegas en 2024

O CSIC liderará a recuperación e musealización das singulares salinas romanas do Aguncheiro

A intervención permitirá escavar 300 metros cadrados, consolidar as estruturas e abrir o singular complexo da época imperial ás visitas

“Ver” coa pel: o enigma visual de polbos, chocos e luras

Os ollos dos cefalópodos conteñen un único tipo de proteína fotosensible, o que equivale a ver en branco e negro. Por Antonio Figueras

Noites que matan: cando a calor non dá tregua aínda que caia o sol

En noites de exceso de calor extrema, o risco de morrer aumenta un 2,6% respecto ás noites sen tensión térmica. Por Dominic Royé