Vacas no carazo e un intestino, protagonistas das mellores imaxes científicas do ano

A iniciativa divulgadora do CSIC selecciona oito propostas para formar parte dun catálogo e dunha exposición itinerante por todo o país

Como cada ano, o Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e a Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) impulsan a iniciativa divulgadora FotCiencia, unha selección das fotografías científicas e tecnolóxicas máis impactantes do ano.

Como novidade, incorpórase a modalidade ACTS, que reforza a interrelación Arte, Ciencia, Tecnoloxía e Sociedade. A proposta seleccionada recrea, en formato sonoro, o movemento migratorio dos estorniños, o seu voo e fuxida fronte a unha ameaza animal.

Publicidade

As obras elixidas formarán parte dun catálogo e dunha exposición itinerante que percorrerá museos, centros de investigación, universidades e espazos culturais de todo o país durante os vindeiros anos. O catálogo incluirá tamén outras fotografías seleccionadas entre as máis de 500 propostas recibidas nesta edición, para achegar a ciencia a cidadanía.

A continuación, as oito imaxes seleccionadas, que retratan fenómenos moi diversos.

Publicidade

“Xénese” de Maria Dolors Guillén Espínola

"Xénese" de Maria Dolors Guillén Espínola
“Xénese” de Maria Dolors Guillén Espínola

Unha das gañadoras da Modalidade Xeral foi esta fotografía que captura o momento exacto no que un percusor de cuarcita impacta nun bloque de sílex, un acto cargado de intención e previsión. Segundo a descrición da autora, representa a orixe da primeira tecnoloxía e a transformación consciente da materia para resolver problemas. A través da arqueoloxía experimental, estúdase este proceso como a xénese da cultura material e do pensamento humano.

“Miradas no carazo” de Belén Andrés Bayón

"Miradas no carazo" de Belén Andrés Bayón
“Miradas no carazo” de Belén Andrés Bayón

Esta é a outra imaxe da Modalidade Xeral. A imaxe retrata ao gando rodeado de carazo. A xeada branca transforma a paisaxe nunha escena case inmóbil, coas vacas observando unha contorna modelada pola interacción entre natureza e actividade humana. Segundo a autora, a escena formula preguntas sobre adaptación e sustentabilidade dos sistemas produtivos ante un clima cambiante.

“Froitos microscópicos” de Brandon Antonio Segura e Priscilla Vieto

"Froitos microscópicos" de Brandon Antonio Segura e Priscilla Vieto
“Froitos microscópicos” de Brandon Antonio Segura e Priscilla Vieto

Pensas que son flores? Pois non. Trátanse das escamas das ás dunha bolboreta cubertas de grans de pole observadas baixo aumento. Este detalle amosa unha mestura entre o mundo vexetal e animal a través da polinización, na Modalidade Micro do FotCiencia21.

“Uzumaki” de Daniel García e Javier Mazarío

"Uzumaki" de Daniel García e Javier Mazarío
“Uzumaki” de Daniel García e Javier Mazarío

Esta fotografía da Modalidade Micro amosa un corte microscópico do intestino disposto mediante a técnica do “rollo suízo”, que permite analizar longos tramos do órgano, segundo explican os autores. O tecido semella estar enrolado en espiral, revelando criptas intestinais nunha soa preparación. Esta disposición facilita un estudo representativo da estrutura intestinal.

“O desafío de curar as feridas do solo” de Alejandro Muñoz Fernández

"O desafío de curar as feridas do solo" de Alejandro Muñoz Fernández
“O desafío de curar as feridas do solo” de Alejandro Muñoz Fernández

Dende as alturas, esta imaxe da Modalidade Agricultura Sostible ensina un oliveiral afectado por unha cárcava que creceu ata converterse nun barranco erosivo. A erosión destrúe árbores, dificulta o manexo agrícola e acelera a degradación dos solos. O estudo desta mesma gabia permite deseñar estratexias de conservación e recuperación do terreo.

“Dentro da casca” de Jesús Miguel Rodríguez Castaño

"Dentro da casca" de Jesús Miguel Rodríguez Castaño
“Dentro da casca” de Jesús Miguel Rodríguez Castaño

A luz convértese nunha ferramenta para o control de calidade do ovo. Isto é o que representa esta imaxe seleccionada na Modalidade Alimentación e Nutrición, onde a iluminación interna e ultravioleta permite detectar defectos, avaliar a frescura e reducir microorganismos. Estas técnicas científicas garanten a seguridade e inocuidade do produto na industria alimentaria.

“Rotífero fluorescente” de Carmen Girón, Martina Hernández e Laura Lozano

"Rotífero fluorescente" de Carmen Girón, Martina Hernández e Laura Lozano
“Rotífero fluorescente” de Carmen Girón, Martina Hernández e Laura Lozano

Na Modalidade de Ciencia na Aula, mediante unha mestura de ioduro potásico, auga e colorante azul, seleccionaron este rotífero fluorescente baixo luz ultravioleta. As autoras explican que os movementos internos e a emisión de luz crean forman onduladas que evocan vida microscópica.

“Coree, corre, que che pillo, estorniño, estorniniño” de Miguel Ángel Gil Fernández

"Coree, corre, que che pillo, estorniño, estorniniño" de Miguel Ángel Gil Fernández
“Coree, corre, que che pillo, estorniño, estorniniño” de Miguel Ángel Gil Fernández

Esta é a peza da Modalidade ACTS. É unha peza sonora inspirada na fotografía “O murmurio atacado”, seleccionada na edición de FotCiencia 2019. A composición recrea a experiencia dunha bandada de estorniños ante o perigo, dende o medo e velocidade ata a calma final en case seis minutos.


Podes consultar máis información sobre FotCiencia na seguinte ligazón.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un novo método predí a resistencia aos antibióticos da bacteria ‘Helicobacter pylori’

O estudo do CSIC permite saber con antelación que tratamento será máis eficaz para cada paciente

A extraordinaria imaxe dun cúmulo de estrelas capturada dende Ribadeo

O afeccionado á astronomía Hugo García retratou As Pléiades tras dúas horas de exposición cun pequeno telescopio fotográfico

Un estudo do CSIC descobre sinais de inflamación arterial no ADN despois dos 50 anos

Os investigadores identifican tamén células inmunitarias 'esgotadas' que poderían explicar por que a inchazón persiste na enfermidade denominada arterite de células xigantes

A microbiota intestinal abre unha nova vía para previr a deterioración cognitiva

Un equipo do CSIC identifica en persoas maiores de 55 anos sas unha relación entre o ecosistema microbiano e a actividade cerebral asociada á memoria, á linguaxe e ás emocións