España lanza un aviso internacional polo brote de listeriose

O Ministerio de Sanidade alerta á OMS e á Unión Europea tras detectarse novos casos fóra de Andalucía: en Asturias, Estremadura e Aragón

O brote de listeriose que comezou en Andalucía, causado pola carne mechada da empresa sevillana Magrudis S.L., xa ten repercusión internacional, despois de que se detectasen novos casos en Andalucía, Asturias, Estremadura e Aragón. E de que o Ministerio de Sanidade activase esta mañá os sistemas de alerta e comunicación coas autoridades europeas e a Organización Mundial da Saúde (OMS) “ante a posibilidade de que se identifiquen casos de listerioe noutros países”, segundo afirma o comunicado emitido hoxe polo Goberno.

Non hai razón para a alarma, pero si para tomar as precaucións habituais fronte a listeriose, unha doenza producida por unha bacteria presente en alimentos crus ou pouco cociñados. E que en Galicia presenta niveis máis altos que no conxunto do estado.

Publicidade

Imaxe ao microscopio da “Listeria monocytogenes”.

O Ministerio de Sanidade lanzou a alerta internacional como “medida de precaución pola posibilidade de que algúns turistas puidesen adquirir a enfermidade tras consumir produtos contaminados en España”. Tamén se confirmou que a venda dos produtos da empresa Magrudis non se limitaba a Andalucía. De feito, a empresa Alcampo anunciou que retiraba a marca Magrudis de todos os seus hipermercados no Estado.

Jesús Aguirre, conselleiro andaluz de Saúde, afirmou este mércores que nesta comunidade os afectados xa son 132 (18 máis que o martes), aos que hai que sumar outros catro en Estremadura e tres en cada unha das seguintes comunidades: Cataluña, Asturias e Aragón. O total de infectados ascende a 145. A Junta incluíu este mércores un novo dato no seu balance diario do brote, o dos casos sospeitosos, que ascende a 529.

Publicidade

Un total de 53 persoas, das que 23 son mulleres embarazadas, seguen hospitalizadas en Andalucía, tres delas na UCI. Por agora, a única vítima mortal é a muller de 90 anos falecida na madrugada do pasado luns no Hospital Virxe do Rocío de Sevilla. Noutras comunidades, o caso máis destacado é o do”neonato prematuro cuxa nai consumiu carne mechada nun bar de Madrid no mes de xullo”, informou este mércores o ministerio. Aínda que hai sospeitas non confirmadas dunha muller cun embarazo de 16 semanas que padeceu un aborto espontáneo.

Andalucía ordenou este mércores a retirada do mercado de todos os produtos da empresa Magrudis, como lombos e roxóns. A empresa está actualmente pechada por orde da Administración.

Aumentan os casos de listeriose, con Galicia por riba da media estatal

A listeriose está producida pola bacteria Listeria monocyogenes que pode contaminar unha gran variedade de alimentos ou bebidas. Principalmente produce gastroenterite, pero nalgúns casos pode causar septicemia ou meninxite, o que agrava o prognóstico e pode chegar á morte. Por isto é unha das infeccións transmitidas a través dos alimentos que ten unha maior taxa de letalidade e morbilidade en relacións ás secuelas que pode causar. Na actualidade, os brotes de listeriose aparecen sobre todo vinculados a produtos lácteos, comoqueixos brandos, pero tamén en froitas e verduras, aínda que en décadas anteriores aparecía tamén en embutidos e salchichasmal procesadas.

Para evitar os problemas cos queixos brandos, os expertos recomendan comprobar que na etiquetaxe dos produtos se constate a fabricación con leite pasteurizado e, no caso de froitas como o melón, non deixalo a temperatura ambiente unha vez aberto.

En Galicia, houbo 50 mortes por listeriose entre 2009 e 2015. Un informe da Dirección Xeral de Saúde Pública incide no aumento da porcentaxe de positivos por listeriose en mostraxes de moluscos cocidos, refrixerados ou conxelados, debido á capacidade da bacteria para producir biofilms e sobrevivir en ambientes fríos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A bacteria que me ensinou a vivir

Crónica en primeira persoa dunha supervivente de endocardite

Europa amplía o número de especies afectadas pola covid das plantas que ameaza Galicia

Un informe cifra en 728 os vexetais susceptibles á 'Xylella fastidiosa', unha bacteria que causa enfermidade grave e incluso a morte nalgúns cultivos clave para a economía comunitaria

A imparable expansión da covid das plantas: así se propagou ‘Xylella’ no norte de Portugal

A perigosa bacteria detectouse por primeira vez en Vila Nova de Gaia nunha planta de lavanda francesa en 2019

A microbiota intestinal abre unha nova vía para previr a deterioración cognitiva

Un equipo do CSIC identifica en persoas maiores de 55 anos sas unha relación entre o ecosistema microbiano e a actividade cerebral asociada á memoria, á linguaxe e ás emocións