Unha tartaruga de 175 kg morre afogada entre nasas

A Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA) estudou o animal, que chegou dende o Caribe a augas galegas

Unha tartaruga de coiro (Dermochelys coariacea) foi capturada accidentalmente entre nasas preto de Cabo Home. Investigadores da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA) puideron estudar o exemplar, que pertence á especie máis grande das tartarugas e que neste caso pesaba 175 kg.

A tartaruga levaba unha chapa identificativa que lle foi colocada por investigadores no Caribe e que, segundo informa a CEMMA, amosa que o animal xa atravesou o Atlántico. A coordinadora salienta que as nasas “son un arte moi selectivo mais, polo que temos visto nas costas galegas, perigoso para esta especie, momos e xibartes”.

Publicidade

A tartaruga era unha femia de metro e medio e 175 kg que foi trasladada ao porto de Vigo para a súa análise, o que permitiu comprobar a presenza de plásticos no estómago (recadro na foto), que a pesar de non ser letais neste caso, si poderían ter afectado á mucosa dixestiva. Esta é a especie de tartaruga mariña de maior tamaño, e tamén a que aparece en maior frecuencia en augas galegas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Vigo, entre as 20 cidades europeas con máis alertas de po sahariano de 2026

Un novo informe de Copernicus contabiliza nove xornadas con avisos no enclave galego, na súa maioría de intensidade moderada-alta

Volven as G-Night: máis de 150 actividades científicas nas rúas das sete cidades galegas

Máis de 500 investigadores achegar experimentos, obradoiros e demostracións a públicos de todas as idades o 25 de setembro

Vigo rexistra as maiores concentracións de “contaminantes eternos” da costa atlántica peninsular

Un estudo do IEO-CSIC analiza a presenza de PFAS en mostras de moluscos recollidos dende Francia ata o Golfo de Cádiz