Illas Atlánticas

Castelo dos Mouros, o pasado celta da illa de Ons

Atópase no cumio do monte Castro, onde recentes escavacións sitúan un castro da Idade de Bronce

Buraco do Inferno, a forza do mar en estado puro

É un dos lugares máis visitados da illa de Ons, tanto polos cantís entre os que se atopa como polas lendas que o rodean

Miradoiro de Fedorentos, a flora como testemuña da evolución

Ofrece vistas á illa de Onza, ás Cíes, á zona continental máis próxima e tamén unha boa panorámica da vexetación máis característica

Praia de Canexol, o barrio dos hórreos

O barrio de Canexol, localizado na parte sur da illa, é o que dá nome á praia. Este areal, ao atoparse máis afastado do porto, soporta menos carga turística

Praia Area dos Cans, un tesouro agochado baixo a superficie

Coa marea baixa é doado acceder a unha das mellores zonas intermareais da illa, que permite apreciar a súa gran biodiversidade mariña

A antiga escola de Ons: vivindo como colonos

O actual Centro de Visitantes foi o centro neurálxico do pobo durante o século XX, época na que varios centos de persoas habitaban a illa
00:04:36

Un paraíso para as aves

As colonias de gaivotas do Parque Nacional das Illas Atlánticas teñen un importante impacto sobre as comunidades vexetais, as augas costeiras e o solo

Praia das Dornas, o tesouro das tradicións mariñeiras

Neste pequeno areal, tranquilo e pouco ventoso, chaman a atención as numerosas embarcacións tradicionais varadas na area: as dornas

Alto do Príncipe, unha paisaxe chea de contrastres

Localizado no punto máis alto da illa de Monteagudo, as duras condicións ambientais deron lugar a curiosas formacións xeolóxicas

Praia de Figueiras, as especies invasoras como ameaza á biodiversidade

Este areal é un bo lugar para descubrir como a plantación de árbores de rápida expansión chega a desprazar a masa arbórea autóctona

O observatorio ornitolóxico das Cíes, o lugar ideal para usar os prismáticos

As illas supoñen unha barreira natural para as aves e os seus ovos e a riqueza das súas augas facilítalles o acceso a un alimento abundante e de calidade

Pedra da Campá, o mar modelando a paisaxe

A continua acción erosiva do mar e o vento sobre as rochas graníticas vai creando fendas, que nos casos máis extremos dan lugar a estruturas xeolóxicas

Faro de Cíes, o gardián dos mares

Dende a súa construción a mediados do século XIX, converteuse no punto de referencia de entrada á ría de Vigo

Praia da Nosa Señora, un paraíso baixo a superficie

Protexida dos ventos fríos do norte, agocha unha das mellores representacións da fauna e flora mariña das Cíes

O antigo mosteiro de Santo Estevo, un espazo para coñecer as illas Cíes

As súas ruínas son agora as bases arquitectónicas do actual Centro de Interpretación do Parque Nacional
00:04:02

Entre quenllas e raias

O proxecto Conectee estuda o desenvolvemento espacial e ecolóxico dos elasmobranquios costeiros no Parque Nacional Illas Atlánticas