No cumio do monte Castro atópase o Castelo dos Mouros, onde recentes escavacións sitúan un castro celta da Idade de Bronce (séculos II-I a.C.).
Escontrámonos no punto máis estreito de Ons, no monte Castro, localizado a 93 metros sobre o nivel do mar. Este lugar conta cunha das visións panorámicas máis espectaculares da illa, podendo ver nos días de boa visibilidade, non só os distintos barrios que a conforman, senón as outras illas do Parque Nacional e mesmo a entrada á ría de Pontevedra, que se rinde aos nosos pés. Ademais, pódese incluso intuír o antigo asentamento fortificado, hoxe totalmente cuberto pola vexetación.
Para a observación

Recentes escavacións sitúan no cumio do Monte Castro un asentamento celta da Idade de Bronce (séculos II-I a.C), coñecido como o Castelo dos Mouros. A información recompilada apunta a un castro circular de triple estrutura defensiva, cuxas vistas permitirían aos seus habitantes prepararse ante a chegada de calquera inimigo. Neste mesmo xacemento acháronse tamén vestixios dunha vivenda tardorromana. O descubrimento dun conxunto de 31 moedas de bronce no interior dunha das estancias, permitiu determinar con precisión que estivo habitada ata os séculos IV-V d.C.
Certos estudos suxiren que a Cova dos Mouros podería ter sido a entrada ao castro. Isto deu lugar a multitude de lendas. Conta unha delas, que neste túnel podíase saír ao mar, a través dunha furna, na que os habitantes da illa tiñan preparados tres barrís, no caso de que os piratas atacasen: un deles contiña pólvora, outro veleno e o último, ouro. Pensábase que se os piratas abrían o primeiro, atoparían a morte; se abrían o segundo, tamén; e, no caso de que se decantaran polo terceiro, a cobiza faríalles abrir o resto.
Lepidópteros

As bolboretas son invertebrados do grupo dos lepidópteros. Nas illas atlánticas, coñécense 164 especies de bolboretas diurnas e nocturnas entre os arquipélagos de Cíes, Ons e Sálvora.
Nos prados de Ons, destaca a gran bolboreta macaón (Papilio machaon) que se pode observar durante os meses estivais, ou a bolboreta carnaval (Zerynthia rumina), catalogada en perigo de extinción.
Substratos móbiles
Nas zonas de menor hidrodinamismo, atopamos fondos de substratos móbiles constituídos por materiais soltos. Esta mobilidade do substrato dificulta a fixación da maioría dos organismos, polo que moitos viven enterrados, en comunicación constante coa superficie (endofauna), ou ben desprazándose sobre o substrato, utilizando fragmentos de cunchas para anclarse. Isto condiciona que os observadores teñan sensación de pobreza ao observar estes sistemas ecolóxicos, pero nada máis lonxe da verdade.















Grazas Pepin pola aclaración.
É que dicir Castro “celta” da Idade do Bronce (nos séculos. II – I a.C)… Vexo como tres erros enormes seguidos.
Estaba imaxinando a uns castrexos siareiros do celta de Vigo, e que debido a quedar illados, e sen contacto con ninguén, empregaban unha tecnoloxía como mil anos máis atrasada á que deberan ter os que construíron os demais castros que hai por aquí.
Está o bolseiro cubrindo as vacacións do persoal que fai normalmente estes artigos? Aínda ben que este portal se chama GCiencia
O Castelo dos Mouros, situado na zona central da illa e dominando a súa contorna, é un castro
construído durante a Idade do Ferro e ocupado ata a época romana e tardorromana
(aproximadamente ata finais do séc. IV). Precisamente serían os seus habitantes os que poderían
ter explotado as factorías de salga romana da praia de Canexol. Nestas fábricas, producíanse
conservas de peixe grazas á pesca nas ricas augas da illa. De época medieval, consérvase o sartego
da Laxe do Crego que debe relacionarse cunha ocupación da illa durante os século IX-X d.C. Está
situada nun illote rochoso ao que se chega durante a marea baixa. Por último, poderás achegarte
ás baterías defensivas do século XIX, os Castelos da Roda e Pereiró.
Creo que na punta do Centulo tamén apareceu algún resto (cerámica, penso) que facían pensar nun segundo asentamento castrexo na zona norte da illa de Ons.
Da Idade de Bronce si que poderían ser os petróglifos aparecidos non hai moito tempo, creo que pola zona de Chan da pólvora, pero son sobre todo coviñas, difíciles de situar cronoloxicamente.