Punta Centolo, o refuxio das aves mariñas

Este miradoiro da illa de Ons é zona de cría das aves máis emblemáticas do parque nacional

Punta Centolo, na illa de Ons, é zona de cría das aves mariñas máis emblemáticas do parque nacional. Ademais, conta cunha espectacular vista da illa de Sálvora e de todo o litoral.

Chegar a punta Centolo significa camiñar entre toxos, breixos e silvas, mais sempre co océano Atlántico de fondo. Este espectacular miradoiro, situado no extremo norte da illa, ofrécenos unas das mellores panorámicas do litoral, coa illa de Sálvora e a vila de Ribeira ao fondo, e coa ría de Arousa e a península do Grove que parecen poder tocarse coa man.

Publicidade

Este recóndito lugar é unha das principais zonas de cría de dúas das aves mariñas máis abundantes e representativas do parque natural, o corvo mariño cristado (Phalacrocorax aristotelis) e a gaivota patiamarela (Larus michahellis). O acceso a esta zona atópase restrinxido durante o período de nidificación das aves, que abarca dende o 1 de febreiro ata o 31 de agosto.

Corvo mariño cristado

O seu nome nome vén da cresta ou “moño” de plumas que loce durante a época nupcial (entre febreiro e maio). De estilizada figura, cor negra e con iridiscencias verdes, esta ave mariña concéntrase en rochas e zonas de repouso na costa das illas para secar a súa plumaxe. Desprázanse voando ao ras da auga buscando bancos de agullas (Belone belone) e outros peixes, que constitúen o seu alimento, que captura mergullándose baixo as augas.

Publicidade

A colonia de corvo mariño cristado das Illas Atlánticas, con preto de 1.000 parellas reprodutoras, constitúe unha das máis grandes desta especie en todo o mundo. Con todo, isto non impide que vira drasticamente reducida a súa poboación nas illas nos últimos anos.

Gaivota patiamarela

Outra das aves mariñas emblema do parque nacional é a fermosa gaivota patiamarela. De plumaxe branca e gris prata e patas amarelas, é habitual vela xogando co vento, ou agochada na vexetación baixa dos cantís durante a nidificación, entre maio e agosto.

Estas aves son monógamas e comparten todas as tarefas da crianza, incluíndo a incubación dos ovos —entre un e tres—, a busca de alimento e a protección das crías fronte aos posibles predadores. As crías non comezan a voar ata despois dunhas seis semanas, despois das que deberán sobrevivir soas.

Aves mariñas

Pódense contar por miles as aves que nidifican ou buscan refuxio nos cantís das Illas Atlánticas. Estas aves obteñen o seu alimento no mar, polo que a súa evolución vese condicionada polo medio mariño.

Sen dúbida algunha, esta biodiversidade aviar constitúe unha das xoias máis importantes e mellor coñecidas das Illas Atlánticas. Estas aves presentan numerosas adaptacións para desenvolverse no medio mariño, como glándulas desalinizadoras, plumaxe impermeable, patas palmeadas, etc. Entre elas destacan como nidificantes a gaivota patiamarela, o corvo mariño cristado, a gaivota escura, a pardela cincenta e o paíño europeo.

Un mergullador nato

O corvo mariño cristado constitúe, sen dúbida, un dos exemplos máis espectaculares de adaptación ao medio mariño que existen na natureza. Entre as adaptacións evolutivas máis impresionantes desta especie, destacan os seus ollos, que posúen unha membrana externa (nictitante) que actúa a modo de lente de mergullo, o que lle proporciona unha magnífica visibilidade baixo a auga; o seu pico afiado para evitar que se lle escapen as presas; unhas patas longas e palmeadas unidas por membranas que actúan a modo de aletas, e un deseño filiforme do seu corpo que lle permite desprazarse con sorprendente velocidade baixo a auga. Ademais, o seu largo e flexible pescozo permítelle rastrexar nos ocos entre as rochas en busca de presas ao tempo que lle proporciona a potencia necesaria para impulsar a cabeza e atacar ás súas vítimas.

Descarga aquí a décimo novena entrega da guía.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Descuberta unha grande estrutura romana no exterior do castro do Castelo dos Mouros, en Ons

Un equipo da UVigo acha "abondoso material" na terraza intermedia do xacemento e identifica unha gran cantidade de restos de ánforas orixinarias do sur da península e de Italia

O Porto de Vigo inicia a vertedura de 220.000 toneladas de dragaxes a 3,6 millas de Cíes

O ministerio reabre o vertedoiro submarino xunto a Sálvora e habilita un terceiro a 5,5 quilómetros de Ons, onde descansarán as escavacións do Lérez

Praia de Melide, a importancia de conservar os sistemas dunares

Xunto co de Muxieiro, situado nas illas Cíes, constitúe un dos principais depósitos de area do parque nacional

Faro de Ons, a torre que salvou vidas

Está situado a 128 metros sobre o nivel do mar e data do ano 1926