As candorcas Gladis atacan a un veleiro arousano: “Sácanse dentes dos timóns”

O barco que viaxaba para participar na Copa do Rey de vela sufriu danos no timón, quedou sen piloto automático e tivo que ser remolcada

Á altura da localidade de Barbate (Cádiz), un grupo de candorcas atacou a un veleiro arousano, preto do punto onde hai uns meses se afundiu o veleiro Champagne polos mesmos motivos. Son as candorcas Gladis, que arremeteron contra a embarcación Corsario cando se dirixía a Palma de Mallorca para participar na próxima Copa do Rey MAPFRE de vela. Os cetáceos acometeron contra o timón da embarcación, que tivo que refuxiarse no porto da Liña da Concepción para valorar as incidencias e as posibles reparacións antes de continuar coa súa viaxe.

No ataque participaron catro candorcas, nunha zona de apenas 15 metros de profundidade e arredor das 18.00 horas. “A sensación que nos deu é coma se chocásemos contra unha pedra e levantasen o barco no alto”, explicou o patrón da embarcación, Jorge Durán, ao medio Gaceta Náutica. Este encontro provocou que o veleiro quedase á deriva, sen timón e sen piloto automático.

Publicidade

José Martínez Redondo, un dos tripulantes, explica que a visita das candorcas é un “gravísimo problema”. “A xente está desesperada, non se atreve a saír navegar porque os seguros xa non queren asegurar as embarcacións”, postula. De feito, alega que “máis do 50% das incidencias están sen notificar porque a xente ten medo de que lle boten do seguro e din que chocaron contra pedras”. Estas compañías, segundo explica, non cobren os danos ocasionados por cetáceos.

O timón quebrado. Foto: José Martínez, tripulante do Corsario.

Nas imaxes compartidas pódense ver as fracturas que sufriu o barco, que terá que repararse rapidamente se quere chegar á Copa do Rey. Jorge Durán comentou que, despois de que os animais acometeran contra o veleiro, marcharon cando albiscaron outra embarcación pola zona. As candorcas protagonizan ataques neste lugar dende hai uns días, deixando graves incidencias ata nunha docena de barcos.

Publicidade

O timón destruído doutra embarcación. Foto: José Martínez, tripulante do Corsario.

Durán declarou a Gaceta Náutica que “como alguén non corte isto imos deixar de navegar, tanto os estranxeiros que veñen a facer turismo como os nacionais, porque un día vai pasar unha desgraza”. En maio, o Ministerio de Transición Ecolóxica anunciou que impulsará un proxecto para marcar candorcas e reducir as incidencias das embarcacións. Durante o verán e outono de 2020 comezaron a producirse episodios de interacción entre varios exemplares de Orcinus orca e barcos, principalmente veleiros, tanto no estreito de Xibraltar como nas augas da costa galega. Estes feitos, seguen producíndose ao longo de anos posteriores.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Congro, ostra e vieira: máis de 60 especies están afectadas polo cambio climático nas Rías Baixas

Unha investigación do Centro de Investigación Mariña analiza o impacto presente e futuro dos episodios meteorolóxicos extremos sobre a fauna mariña galega

Un estudo revela as claves para anticipar floracións de algas nocivas nas Rías Baixas que afectan o marisqueo

O equipo do Centro Oceanográfico de Vigo identifica os microhábitats que determinan a aparición de especies tóxicas

Case a metade dos cetáceos de augas profundas inxiren macrolixo no noroeste ibérico

A CEMMA participa nun estudo que documenta que aproximadamente o 30% dos exemplares acaba falecendo a causa de lesións dixestivas

Un novo modelo conceptual revela a elevada complexidade da dinámica do fitoplancto nas Rías Baixas

Un equipo do IEO-CSIC e da UVigo propón un enfoque por capas que evidencia a influencia dos afloramentos na organización das comunidades microscópicas