Europa ensaia en Galicia a restauración de bosques queimados

Investigadores italianos e franceses supervisan parcelas reforestadas con castiñeiros, piñeiros e plantas medicinais nun monte de Quiroga

Investigadores europeos procedentes de Francia, Italia e Portugal ensaian en Galicia a restauración de bosques asolados polas lapas. Tamén, novos mecanismos de protección de marras mediante o emprego de palla, así como de esterco de coello e de cabalo, ao abeiro dos proxectos Life VAIA e Silfore. Nestes dous programas europeos participa o grupo de investigación da Universidade de Santiago (USC) Sistemas Agroforestais e Agroecolóxicos, que coordina a catedrática na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra Rosa Mosquera Losada.

A análise e o intercambio dos resultados tralas primeiras actuacións desenvolvidas nos últimos meses nunha superficie de preto de 50.000 metros cadrados de monte na parroquia de Quintá de Lor, en Quiroga, centran unha xuntanza científica que botou a andar este mércores no Campus Terra da USC e que continuará este xoves con visitas de campo ás áreas afectadas, segundo indica Rosa Mosquera.

Publicidade

A catedrática da USC e coordinadora do grupo Sistemas Agroforestais e Agroecolóxicos lembrou neste senso que o Life VAIA, nome que fai referencia ao episodio homónimo que en 2018 provocou unha gran devastación forestal rexión italiana do Véneto, posibilitou xa reforestar preto de cinco das decenas de hectáres de monte do concello de Quiroga que asoladas na vaga de lumes do pasado ano.

“Plantáronse máis de dúas hectáreas de castiñeiro e outras dúas de piñeiros”, precisou Mosquera, para logo engadir que se completaron estas labores de reforestación con especies autóctonas coa plantación de diversas plantas melíferas e medicinais, recursos a través do que se pretende enriquecer a biodiversidade desta zona, ademais de favorecer a rendibilidade dos propietarios do monte. A investigadora da USC engadiu asemade que outra das accións contempladas no Life VAIA pasa pola próxima colocación de colmeas nestas parcelas de monte, unha actuación encamiñada a favorecer a polinización e os potenciais aproveitamentos apícolas, dixo.

Publicidade

Investigadores implicados no proxecto Life VAIA.

Unha vez completadas as primeiras accións contempladas no programa do Life VAIA, financiado cuns dous millóns de euros, e cando aínda se están a acadar os primeiros resultados respecto a adaptación das distintas especies empregadas nas plantacións, a investigadora Rosa Mosquera xa apuntou como acción máis ou menos inmediata a repoboación das marras, unha realidade que Mosquera, atribúe, cando menos en parte, á seca e ás elevadas temperaturas que se rexistran nesta rexión de interior do sur da provincia de Lugo.

Life Silfore

A coordinadora do grupo de investigación en Sistemas Agroforestais e Agroecolóxicos da USC aproveitará as visitas de campo programadas este xoves a Quiroga para ver tamén sobre o terreo as accións que se están a desenvolver neste mesmo enclave ao abeiro do Life Silfore, un proxecto europeo dotado con máis de 2,5 millóns de euros de financiamento e orientado a incrementar la resiliencia dos sistemas agroforestais atlánticos e subatlánticos nun escenario de cambio climático. O equipo de Rosa Mosquera colabora neste actuación con investigadores de Braga (Portugal), así como co Instituto Vasco de Investigacións Agrarias (NEIKER), o Servizo Rexional de Investigación e Desenvolvemento de Asturias (Serida), ademais de con investigadores das áreas de Xeografía e Electrónica e Computación da USC.

Neste caso, os traballos experimentais xa activados polos investigadores da EPS de Enxeñaría corresponden á aplicación de esterco de coello, de cabalo ou mesmo palla, como elementos de protección de marras, a fin de favorecer así o nacemento e a viabilidade das árbores plantadas. A profesora Rosa Mosquera indicou neste senso que o feito de rodear estas plantas con este material protector serve de enmenda e tamén pode actuar como elemento de protección fronte aos efectos do cambio climático.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Dos ventos do sur aos eucaliptos vellos: os factores tras o primeiro grande incendio da tempada en Galicia

A combinación de factores no lume de Herbón-Padrón, con 350 hectáreas queimadas, confirma unha mudanza nos patróns de propagación

O 9% dos afogamentos en Galicia corresponden a intentos de suicidio

Un estudo da USC e da UVigo conclúe que o maior número de casos se produce nos maiores de 65 anos, en contornas rurais e sen testemuñas

A riqueza baixo os carballos: un estudo pioneiro con participación da USC revela a súa diversidade fúnxica

A investigación identifica 297 especies asociadas ás raíces destas árbores no norte peninsular e confirma a existencia de extensas redes biolóxicas

Un estudo da USC valida novos sistemas para eliminar contaminantes emerxentes nas augas residuais

A tese de Matías Rivadulla demostrou que algúns métodos innovadores permitiron eliminar máis do 90% dalgúns compostos farmacéuticos