A primeira muiñeira con notación musical está datada en 1786

Unha tese da USC analiza a danza e composición musical tradicional como un "elemento identitario" da Galicia do século XIX

A muiñeira, que é tanto unha danza tradicional galega como a composición musical que a acompaña, converteuse no século XIX nun “elemento identitario” de Galicia que acompañou o rexurdir político e cultural da época. Así o recolle a tese de Julio Alonso Monteagudo, investigador da Universidade de Santiago (USC). No seu traballo consegue datar no Nadal de 1786 a primeira muiñeira con notación musical, asinada por Melchor López, mestre da capela da catedral compostelá.

Máis polo miúdo, Alonso confirmou a través das súas pescudas que a evolución política do provincialismo e do rexionalismo, antecedentes do nacionalismo do século XIX, derivaron nunha busca de elementos que conformasen a identidade galega. Entre eles, a formación dun canon da música que se basea “nunha escolla, na recuperación da música tradicional, folclórica”. É nese momento cando a muiñeira é considerada como un símbolo de Galicia.

Publicidade

O seu antecedente directo era “un baile chamado gaita galega”, que non se interpretaba necesariamente co instrumento do mesmo nome, e que “desde o século XVII circulaba pola península ibérica”. Alonso lembra que no século XVII son coñecidas e interpretadas “pezas populares coma as jácaras, as chaconas e os canarios” e é a partir desa época cando os bailes cortesáns incorporan bailes populares coma eses, no caso de Galicia as pezas chamadas gaitas, que aparecen nos libros de composicións para guitarra, a cal era “o instrumento máis popular” e que se tocaba “mesmo nas barberías”.

A popularidade da composición denominada galega fai que se incorpore tamén ás pezas teatrais, de xeito que “cando saía o personaxe galego soaba a gaita, interpretada con guitarra” e o público sabía que estaba a ver un personaxe de orixe galega, “frecuentemente un personaxe cómico, que cando sae á escena crea confusión”. No ámbito relixioso a gaita galega “entra nos vilancicos, un xénero que non era só para o Nadal, tamén para as festas”, aínda que neste caso o carácter cambia: “O personaxe galego pasa a ser honesto e honrado, por exemplo un pastor humilde, traballador e esforzado”.

Publicidade

A referencia máis antiga á muiñeira aparece “nun texto de 1745 de frei Martín Sarmiento”, quen por certo compara os movementos deste baile cos que fan as galiñas e os galos, especialmente “os saltos que fan os galos”; mentres que a primeira con notación musical está asociada a Melchor López.

Desta maneira, o mestre actúa de mediador para incorporala á música culta. A partir da publicación da Historia de Galicia de José Verea e Aguiar en 1838 xorde “o discurso que consolida a muiñeira como paradigma e referente identitario para Galicia”, apunta Alonso. Mesmo Manuel Martínez Murguía na súa Historia de Galicia publicará as primeiras transcricións con notación musical de música popular galega, que lle enviou o tamén escritor estradense Marcial Valladares Núñez, quen contaba cunha ampla formación musical.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O mar acada os 22 graos en Galicia: as claves dun quecemento inusual para maio

Os sistemas de observación detectan valores moi superiores á media habitual para maio, provocados pola acumulación de calor asociada a episodios persistentes

Documentado por primeira vez un gorgoncéfalo vivo en augas galegas

Investigadores do IEO localizan un exemplar xuvenil na Ría de Arousa, o que amplía o límite norte coñecido da especie

Como funciona a amizade entre arroaces? Así é como as bateas moldean a súa vida social nas Rías Baixas

O biólogo galego Bruno Díaz revela que as preferencias alimentarias condicionan a formación de vínculos entre cetáceos

O ventilador atlántico pon fin á calor en Galicia cun descenso das temperaturas de case 10 graos

Unha masa de aire frío procedente do noroeste traerá chuvias febles e ceos cubertos a partir do martes 2 de xuño