Alto do Príncipe, unha paisaxe chea de contrastres

Localizado no punto máis alto da illa de Monteagudo, as duras condicións ambientais deron lugar a curiosas formacións xeolóxicas

Localizado no punto máis alto da illa de Monteagudo, o Alto do Príncipe conta cunhas vistas privilexiadas do faro das Cíes. As duras condicións ambientais que azoutan a cara desprotexida das illas deron lugar a curiosas formacións xeolóxicas nas que a rocha parece derreterse baixo os nosos pés.

O Alto do Príncipe é un dos miradoiros máis emblemáticos de Cíes. Ademais da visión do faro, a 175 metros de altitude, na parte alta do cantil podemos observar os contrastes xeomorfolóxicos entre a parte leste e a oeste da illa. As caprichosas formacións xeolóxicas que conforman este mirador actúan de balcón natural cara a inmensidade do océano Atlántico.

Publicidade

Formacións xeolóxicas

Neste punto xeográfico obsérvanse os contrastes xeomorfolóxicos que dan fama ás illas Cíes. Cara ao leste, mirando terra adentro, atopamos os elementos naturais propios dun ambiente protexido, como é o sistema de dunas da praia de Rodas e o Lago dos Nenos, que fan de ponte natural entre as illas de Monteagudo e Faro. Cara ao oeste, ollando desafiantes o océano, están os cantís que soportan impasibles as embestidas do mar. A vexetación pegada ao seu chan é unha proba de adaptación ás duras condicións ambientais nesta parte da illa.

Cadeira da raíña.

Porén, a dureza das rochas parece esvaecerse nas ondulacións e demais figuras redondeadas sobre as que camiñamos, semellando ter sido esculpidas por un artista modernista. Coñecidas co nome de pías, estas estruturas xeolóxicas son un exemplo de como o desgaste dos bloques de granito orixina curiosas formas, como a popular “cadeira da Raíña” con forma de trono. Nelas, a auga de chuvia cargada de sal mariña, entra nas fendas da pedra, producindo unha erosión química a medida que a auga salgada vai rompendo os minerais.

Publicidade

Sabías que?

A disposición das árbores que medran na parte externa das illas é coñecida co nome de formación en bandeira. Esta curiosa forma de agruparse, onde as árbores van perdendo forza a medida que nos diriximos á parte máis exposta, é o resultado da acción dos fortes ventos oceánicos, que provocan que medren asimetricamente.

Que é o afloramento costeiro?

Zooplacto.

A configuración xeolóxica das illas, unida á existencia dun fenómeno coñecido como afloramento costeiro, explica que o ecosistema mariño deste parque natural teña unha riqueza incomparable. Nas costas galegas, o afloramento costeiro prodúcese cando sopran os ventos do norte, durante a primavera e o verán. Estes provocan un desprazamento das augas que se atopan no interior das rías, cara ao mar aberto, sendo á súa vez substituídas por augas profundas, moi ricas en nutrientes, e que permiten a floración explosiva do fitoplancto, un tipo de algas microscópicas dotadas de clorofila que constitúen a base da cadea alimentaria mariña.

Descarga aquí a décima entrega da guía.


DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A alga asiática que arrasa Cádiz chega as Cíes e expándese pola costa galega

Unha especie invasora detectada previamente en Cádiz consolida a presenza en augas do noroeste e preocupa polo seu impacto ecolóxico e económico

Ciencia ou engano? A UDC impulsa un estudo que di tratar o envellecemento con auga das Cíes

A universidade acepta o encargo de investigar teses baseadas nun fisiólogo francés que afirmaba reanimar cans con auga de mar

O Porto de Vigo inicia a vertedura de 220.000 toneladas de dragaxes a 3,6 millas de Cíes

O ministerio reabre o vertedoiro submarino xunto a Sálvora e habilita un terceiro a 5,5 quilómetros de Ons, onde descansarán as escavacións do Lérez

Tiburón a vista de dron: un achado inesperado nas illas Cíes

Investigadores da Universidade de Valencia captaron en agosto as imaxes dunha quenlla que nadaba nas augas costeiras do parque nacional