Un primeiro grupo de candorcas chega a Galicia e xa nada fronte ás rías de Pontevedra e Vigo

A aplicación Orcinus identifica 10 exemplares en augas galegas, que foron avistados por varias embarcacións sen que se rexistrasen incidentes

Confirmado: as candorcas xa están en Galicia. Así o acaba de corroborar o Bottlenose Dolphin Research Institute (BDRI), con sede no Grove, que hai tan só tres días prognosticaba a súa entrada polas Rías Baixas. Esta predición, que acaba de confirmarse, facíana en base á aplicación Orcinus, que monitoriza os movementos destes cetáceos para garantir a seguridade na navegación. Segundo os datos recollidos pola ferramenta, nestes momentos hai un grupo de tres candorcas fronte á ría de Pontevedra. Foi un avistamento próximo, sen incidentes, dende un veleiro. As outras sete candorcas detectáronse fronte á ría de Vigo dende unha embarcación terrestre.

Dende o BDRI aconsellan o uso da aplicación Orcinus para garantir a seguridade na navegación, dado que nos últimos anos as candorcas tiveron unha importante presenza mediática polas súas interaccións con embarcacións. Dende o centro de investigación radicado no Grove recomendan navegar a profundidades inferiores aos 30 e aos 50 metros, sempre que se poida garantir a seguridade. Así mesmo, a comezos desta semana advertían que estratexias populares como o uso de disuasores acústicos ou de sacos de area “non parecen ter efecto”. É dicir, non logran distraer as candorcas que se achegan aos barcos.

Publicidade

Dende o Grupo de Traballo Orca Atlántica (GTOA) levan tres anos contabilizando as interaccións entre estes cetáceos e as embarcacións. Dende a costa norteafricana ata a Bretaña francesa rexistráronse máis de 800 encontros pero tan só nun 19,9% dos casos impediron a navegación dos barcos ou causaron estragos. O biólogo Alfredo López, membro do Grupo Orca Ibérica, explicaba hai uns meses en GCiencia que o motivo polo que as candorcas interaccionan cos barcos aínda non está claro. Ao parecer, danse casos esporádicos arredor do mundo, pero nunca de forma “tan repetitiva no tempo e no espazo” como está a ocorrer nos últimos anos na costa atlántica da península ibérica.

As hipóteses que barallan, segundo explica López, son dúas. A primeira delas avoga por un comportamento autoinducido. É dicir, unha nova forma de xogar. “Sería propio de candorcas adolescentes e xuvenís”. A outra hipótese defende que as interaccións son defensivas ante o recordo dunha mala experiencia: “Intentan parar o barco para que non lles ocorra o mesmo que xa lles pasou unha vez”. Este tipo de comportamento sería propio de candorcas adultas, segundo explicaba López. De todos modos, dende o Grupo Orca Ibérica tan só teñen identificadas 16 candorcas relacionadas con este tipo de eventos e malia que a meirande parte delas interactúan, hai algunhas que tan só son observadoras.

Publicidade

No que respecta ao comportamento das candorcas, López defendía que a súa actitude non é agresiva. “Non son violentas. Se o teu sobriño está a xogar cunha pelota e rompe o teu xarrón chinés, dirías que é violento? Non”, exemplificaba o experto galego. El optaba por informar aos navegantes da forma máis veraz e divulgativa posible para que eviten as áreas nas que hai un maior risco de interaccionar coas candorcas. Unha especie, a ibérica, que, segundo lembran dende o GTOA, é considerada vulnerable na lexislación española e, se se adecuase á situación real, debería pasar a considerarse “en perigo crítico de extinción”, como xa ocorre en Portugal e na Unión Internacional para a Conservación da Natureza.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Inflamación e fibrose: así evoluciona a candorca Toñi tras sufrir disparos con perdigóns de chumbo

O exemplar presenta nove orificios de entrada no lado esquerdo da súa aleta e cinco de saída na parte contraria

Benvida ás candorcas

Hai dúas normas principais: non atacar e conservar a estes cetáceos son medidas fundamentais para mellorar a súa supervivencia. Por Andrea Veiga

As claves do regreso das candorcas: por que volven a avoa Toñi e a súa manda ás Rías Baixas?

O grupo, de entre oito e dez exemplares, regresa por terceiro ano consecutivo a Galicia seguindo o rastro do atún vermello e xeran interaccións coas embarcacións

O chorro polar impulsa un episodio de calor que rozará os 40 graos en Galicia

MeteoGalicia activa avisos amarelos e laranxas por temperaturas máximas nas Rías Baixas, Ourense e o sur de Lugo