Praia de Figueiras, as especies invasoras como ameaza á biodiversidade

Este areal é un bo lugar para descubrir como a plantación de árbores de rápida expansión chega a desprazar a masa arbórea autóctona

A praia de Figueiras, xunto co cordón de dunas de Figueiras-Muxieiro, constitúe un dos depósitos de area máis grandes do Parque Nacional Illas Atlánticas. En claro contraste coa area branca, as grandes extensións de masas arbóreas que bordean este sistema son o fiel reflexo de como as especies invasoras poden desprazar a flora autóctona dun espazo natural.

O sistema dunar de Figueiras-Muxieiro, de indiscutible beleza e valor, dá acceso a esta praia, e é un dos maiores depósitos de area das illas Cíes. Nel podemos atopar unha magnífica representación de especies animais e vexetais adaptadas a vivir neste tipo de hábitats.

Publicidade

A praia, que conta cunhas vistas privilexiadas cara á costa da Vela e a ría de Vigo, é tamén un bo lugar para descubrir como a plantación de árbores de rápida expansión chega a desprazar a masa arbórea autóctona, poñendo en risco a biodiversidade do ecosistema.

Para a observación

As extensas plantacións de eucalipto (Eucalyptus globulus) que rodean a praia de Figueiras, xunto coas de piñeiro marítimo (Pinus pinaster) e acacia negra (Acacia melanoxylon) que tamén poden verse na contorna, son consideradas especies invasoras.

Publicidade

Tanto o eucalipto como o piñeiro foron introducidos nas Cíes nos anos 50, cando se produciu unha plantación masiva de cultivos forestais, provocando unha modificación total da cuberta vexetal das illas. A acacia negra tamén conseguiu colonizar unha boa parte da superficie, porén, neste caso, non foi introducida como cultivo.

A rápida expansión destas árbores provocou a extinción de especies autóctonas como o carballo común (Quercus robur), o cerquiño (Quercus pyrenaica), o érbedo (Arbutus unedo) e o bidueiro (Betula celtiberica), situados principalmente nos espazos máis protexidos.

A principios dos anos 90 do século XX, nalgunhas zonas do arquipélago, comezaron a substituirse parte das especies invasoras por árbores autóctonas, o que permitiu ver o claro contraste entre unhas zonas e outras en termos de biodiversidade. Na actualidade, tanto o Plan Director da Rede de Parques Nacionais como o Plan de Ordenación do Parque Nacional recollen a prohibición de introducir especies vexetais foráneas.

Sabías que?

As árbores autóctonas das illas Cíes foron maioritariamente substituídas por cultivos forestais de eucaliptos, acacias e pinos. A principios dos anos 90 comezouse un programa de repoboación con especies autóctonas nalgunhas zonas do arquipélago, grazas ao cal hoxe podemos desfrutar de certas áreas onde xa volven medrar érbedos, bidueiros e cerquiños, entre outros.

Algunhas margaridas son invasoras

Ao longo de todas as illas Cíes estendeuse una pequena planta de orixe sudafricano coñecida co nome de margarida africana (Arctotheca calendula). Detectada por primeira vez en Galicia a principios do século XX, a súa rápida expansión debeuse ao seu uso como planta ornamental en xardinería. A súa boa adaptación ao medio e a súa excelente competitividade coas plantas autóctonas permitiu unha rápida expansión por todo o territorio de Galicia.

Descarga aquí a novena entrega da guía.


DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A alga asiática que arrasa Cádiz chega as Cíes e expándese pola costa galega

Unha especie invasora detectada previamente en Cádiz consolida a presenza en augas do noroeste e preocupa polo seu impacto ecolóxico e económico

Ciencia ou engano? A UDC impulsa un estudo que di tratar o envellecemento con auga das Cíes

A universidade acepta o encargo de investigar teses baseadas nun fisiólogo francés que afirmaba reanimar cans con auga de mar

O Porto de Vigo inicia a vertedura de 220.000 toneladas de dragaxes a 3,6 millas de Cíes

O ministerio reabre o vertedoiro submarino xunto a Sálvora e habilita un terceiro a 5,5 quilómetros de Ons, onde descansarán as escavacións do Lérez

Tiburón a vista de dron: un achado inesperado nas illas Cíes

Investigadores da Universidade de Valencia captaron en agosto as imaxes dunha quenlla que nadaba nas augas costeiras do parque nacional