Descobren unha nova especie de polbo a 2.800 metros baixo as augas de Costa Rica

O viveiro atópase nunha área que estaba sendo explorada por primeira vez e os científicos cren que pode pertencer ao xénero Muusoctopus

Certo é que os científicos que estudan o mar recoñecen que hai especies por descubrir. É o caso dun equipo de investigadores que atoparon un criadeiro de polbos nos montes submarinos fronte Costa Rica. Segundo Sciencie Alert, é o terceiro viveiro que se coñece no mundo. O Schmidt Ocean Institute realizou unha expedición de tres semanas e observou o nacemento de varias crías de polbo a 2.800 metros de profundidade. Concretamente, nunha das seis montañas submarinas inspeccionadas polo robot submarino operado a distancia.

“O descubrimento dun novo viveiro de polbo activo a máis de 2.800 metros debaixo da superficie do mar en augas de Costa Rica demostra que todavía hai moito que aprender sobre o noso océano”, comenta a oceanógrafa física Jyotika Virmani do Schmidt Ocean Institute. O viveiro atópase nunha área que estaba sendo explorada por primeira vez e os científicos cren que pode ser unha nova especie de Muusoctopus, unha especie de polbo de tamaño pequeno a mediano sen saco de tinta.

Publicidade

“As profundidades mariñas de Costa Rica están ao bordo da imaxinación humana, con espectaculares imaxes recollidas de peixes trípode, crías de polbo e xardíns de coral. Agardamos seguir axudando ao mundo a presenciar e estudar as marabillas do noso increíble océano”, declarou Virmani nun comunicado. Bert Orcutt, xeomicrobióloga do Laboratorio Bigelow de Ciencias Oceánicas, apunta a que o descubrimento destes sitios de ventilación de baixa temperatura é dificil, e só se poden atopar con vehículos sumerxibles como o que empregaron, o ROV SuBastian del Schmidt Ocean Institute.

Neste achado o grupo de expertos puido obervar ás nais protexendo os seus bebés dos depredadores. No seu momento, o descubrimento do viveiro Dorado Outcrop foi toda unha sorpresa. Estiman que viron ata cen polbos femias preto dos respiradeiros hidrotermais no fondo mariño. Co cal, os científicos cren que algunhas especies de polbos de augas profundas buscan estas fontes de baixa temperatura para incubar os seus ovos.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O éxodo dos polbos: por que desaparecen en Galicia e se multiplican nas costas británicas?

A explosión de cefalópodos nas augas do Reino Unido desconcerta os expertos, que o atribúen ao aumento da temperatura do mar e á diminución dos seus depredadores naturais

Un equipo de Vigo documenta por primeira vez un polbo de nove brazos no seu hábitat natural

É o primeiro estudo que rexistra como se usan as extremidades rexeneradas e bifurcadas nunha contorna salvaxe

As nove festas de Semana Santa en Galicia que non podes perder

Galicia conta con ata nove Festas de Interese Turístico Nacional e Internacional que conmemoran o festexo cristiá

As incribles imaxes dun polbo de Louro que namoraron a BBC

As instantáneas están feitas polo galego Xaime Beiro: "Moitas fotografías son do mesmo exemplar, ao que lle debo moito"